Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

A mostra sobre esta investigación pode verse na sede do GALP Golfo Ártabro Sur ata finais de xaneiro. Todas as entidades interesadas poden solicitarlla á entidade de xeito gratuíto.


O Grupo Naturalista Hábitat presentou o estudo “Descubrindo os ecosistemas do Golfo Ártabro Sur” que realizou a instancias da entidade co obxectivo de facer unha radiografía ambiental do territorio a día de hoxe. O resumo do mesmo está “condensado” na exposición do mesmo nome e que ata finais de xaneiro se pode ver na sede do GALP (1ª planta da Casa do Mar de Sada). A mostra está a disposición de todas as entidades que a soliciten no email
galpgolfoartabrosur@gmail.com ou nos teléfonos 881 896 417 – 604 053 257.

Tras meses de investigación, os investigadores de Hábitat determinaron que nos 7 municipios de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo hai unha poboación total de 2.226 especies, das cales 826 son mariñas e 1.271 terrestres, e 129 poden estar presentes tanto na costa e coma no interior.

A maior diversidade específica atópase na fauna con 1.300 especies e 3 especies de protozoos, con 573 especies de insectos. Dentro da flora (algas, fungos e plantas vasculares) o número de especies ascende a 923. Un total de 209 especies presentan algún grao de protección nos catálogos galego e español de especies ameazadas, das cales 59 son mariñas e 95 son terrestres e 55 podemos velas tanto en costa como no interior. Así mesmo, 41 especies están incluídas no “Catálogo Galego de Especies Exóticas Invasoras” e 24 especies no “Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras”.

 

Localización privilexiada
No seu estudo, Hábitat determinou que o Golfo Ártabro Sur goza dunha localización privilexiada ao abrigo das inclemencias do mar aberto que permiten refuxiarse nas súas augas a multitude de especies mariñas que atopan nas rías o unas praderías mariñas, ecosistemas idóneos para levar a cabo o seu ciclo vital. Non son alleos tampouco á evolución sociodemográfica desta franxa litoral, unha das máis puxantes de Galicia, e recoñece a gran presión humana (urbanística, pesca, turística) que afecta ao medio. 

Así mesmo, a influencia do clima atlántico permite o correcto desenvolvemento dos ecosistemas terrestres típicos de zonas con temperaturas suaves e altas precipitacións, coma os bosques de árbores caducifolias. A gran variedade de ecosistemas sustentan unha rica biodiversidade de fauna e flora, algunhas delas endemismos do noroeste ibérico, con boas poboacións residentes na multitude de hábitats do territorio. 

A protección tanto a nivel específico como a nivel ecosistémico, con aplicacións de medidas de conservación efectivas e duradeiras, avaliacións e seguimentos poboacionais, melloras na xestión do medio, implicación e educación social, ademais dunha mellora na eficacia e desenvolvemento dos recursos do medio “serán medidas a ter en conta nunha zona tan ricamente biodiversa que cada día vese ameazada pola destrución dos seus hábitats”, sinalan nas conclusións finais.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024