O GALP GOLFO ÁRTABRO SUR PRESENTA O PROXECTO “MULLERES DO MAR”
Desde o Grupo de
Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur impúlsase este proxecto que
ten como obxectivo principal incentivar, visibilizar e empoderar ás mulleres
que traballan no sector do mar. Para acadar este obxectivo, a Xunta Directiva
do GALP acordou, en reunión celebrada o 27 de abril de 2018, promover unha
Asociación de Mulleres do Mar para que poidan organizarse e constituír unha
asociación aberta a todas as mulleres vinculadas profesionalmente co mar.
Co fin de expor en
detalle os fins e obxectivos deste proxecto, así como o calendario previsto de
accións a desenvolver, realizaranse tres presentacións públicas que terán lugar
a próxima semana en Oleiros, A Coruña e Sada. Para
garantir unha ampla participación dos diversos axentes sociais e institucionais
vinculados cos sectores do mar presentes no territorio, agradecemos se faga
difunda esta información entre o tecido asociativo, empresarial e á cidadanía
que poida estar interesada.
En concreto, estas
presentacións públicas terán lugar nas seguintes localizacións e datas:
-
OLEIROS:
Mércores, 17 de outubro ás 18:00h no CEIDA (Castelo de Santa Cruz).
-
A
CORUÑA: Xoves, 18 de outubro ás 17:00h na Fundación
Paideia (Praza de María Pita, 17).
-
SADA:
Venres, 19 de outubro ás 19:00h no Salón de Plenos do Concello (Avda. do Porto,
24).
Comentarios
Publicar un comentario