O GALP Golfo Ártabro Sur impulsa no sur de España a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos


Representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP) Golfo Ártabro Sur presentaron a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos ante representantes do GALP Litoral Cádiz Estrecho e os responsables de varios museos gaditanos relacionados co mundo mariñeiro.
Os representantes do GALP galego viaxaron ata a provincia andaluza co fin de compartir ideas para o desenvolvemento de novos proxectos de promoción do seu territorio. No marco desta visita, aproveitaron para coñecer os espazos que poñen en valor o patrimonio marítimo en Cádiz, como o Centro de Interpretación de Cetáceos de Tarifa, o Museo de Atún de Barbate e o espazo expositivo da lonxa de Barbate. Así mesmo, explicaron os obxectivos de REMA, as vantaxes de pertenza a esta rede e expuxeron os avances realizados ata o momento.

Unha rede museística en crecemento
A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos forma parte de Morada Atlántica, un proxecto de cooperación promovido polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia. REMA pretende fortalecer os lazos de unión entre os espazos que divulgan a cultura e o patrimonio marítimo e fomentar o intercambio de coñecemento entre os mesmos. Neste momento o prazo de recepción de novas solicitudes de adhesión está aberto e pecharase o vindeiro 30 de xuño.
Na actualidade, REMA atópase constituída por quince espazos galegos e un museo portugués indubidablemente unidos á tradición mariñeira das localidades nas que se atopan: Arquivo da Pesca de Caión, Museo do Mar de Laxe, Museo Man de Camelle, Pozo do Cachón, Ecomuseo Forno do Forte, Museo da Pesca de Fisterra, Fábrica de Sel, Museo Marea Porto do Son, Acuario do Grove, Casa da Navegación de Baiona, Centro de Interpretación do Caldoval, Torre de Hércules, Museo ANFACO da Industria Conserveira, Museo de Historia Natural de Ferrol, Museo Mares de Cedeira e Museu Marítimo de Ílhavo.
O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024