‘O forno de Guísamo’, o taller de empanadas elaboradas con produtos da costa e da Reserva




·         Os pescadores locais e os produtores agrícolas da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo aportarán produtos sans, non tratados industrialmente e centrados nunha economía local e sostible.
·         As empanadas produciranse baixo a marca “Empanadas do mar”.

Aquelas persoas que queiran degustar empanadas elaboradas con produtos locais da costa e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo xa poden facelo en ‘O forno de Guísamo’ grazas a un dos proxectos do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. A iniciativa de Moroan S.L. e o financiamento do GALP puxeron en marcha este obradoiro de empanadas situado en Bergondo.

Con esta iniciativa, que contou con 479.569,61 euros de financiamento, rehabilitouse un local comercial para empregalo como taller. A través da colaboración dos pescadores locais e os produtores agrícolas da Reserva, apórtanse os materiais de calidade que permiten facer estas delicias baixo a marca “Empanadas do mar”.

Deste xeito poténcianse as colaboracións entre produtores e aténdese á demanda de produtos da zona, sans, non tratados industrialmente e centrados nunha economía local e sostible. Á súa vez, con este proxecto tamén se pretende xerar novos postos de traballo e incrementar o valor engadido dos produtos do mar nunha mestura entre innovación e tradición.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024