Representantes dos concellos de Cambre, Culleredo, Sada e Bergondo reuníronse para avaliar o traballo do GALP
· Esta semana deron
comezo os encontros cos diferentes sectores do territorio dentro da avaliación
intermedia da asociación.
· O luns 18 haberá
un encontro aberto a todo o público, para que as persoas que non coñezan o GALP
se informen e aporten as súas ideas.
Sada, 13 de novembro
do 2019.- O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro
Sur comezou esta semana as súas reunións cos diferentes sectores do
territorio para avaliar o traballo realizado ata o momento: os puntos fortes e os
erros, para poder actuar en consecuencia.
Estes
encontros realízanse no marco da avaliación intermedia do GALP, coa que
se analizará o cumprimento da súa Estratexia de Desenvolvemento Local
Participativo (EDLP), co obxectivo de reconducir o plan cara un modelo máis
eficiente.
O primeiro
encontro foi o da mesa do sector público, no que participaron o alcalde
de Sada, Oscar Benito Portela; a concelleira de Participación Cidadá,
Rebeca Mouriño; a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego,
Laura Rodríguez; o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico de Cambre,
Diego Alcantarilla; a concelleira de Educación, Participación Cidadá e Medio
Rural de Culleredo, Yéssica Méndez; e o concelleiro de Obras públicas,
Réxime interior e Seguridade de Bergondo, José Ramón Lorenzo.
Na reunión os representantes consideraron que o GALP leva acabo un
labor importante e de calado no territorio, conseguindo que se desenvolvan
diversos proxectos e insertar no mundo laboral a persoas desempregadas Tamén
valoraron a excelente atención do persoal do GALP. O único inconvinte que
quixeron resaltar, é a ausencia de coñecemento por parte de gran parte da
sociedade da existencia deste organismo, que non só axuda ao sector pesqueiro,
se non a todos os ámbitos da cidadanía.
Próximos encontros
Mañá ás 19:30 h
continuarán os encontros das mesas sectoriais na sede do GALP, esta vez coa
reunión do sector social, que
inclúe a todas entidades da zona.
O venres, día 15,
ás 19:00 h será a quenda do sector do mar, onde se atopan todas as entidades e organizacións relacionadas co sector,
como son ás confrarías de pescadores e pescadoras, asociacións de redeiros e
redeiras, fundacións e organizacións de produtores e produtoras, así como
distintas asociacións do Porto da Coruña.
Por último, o luns 18 reunirase o sector económico - onde están as
asociacións empresariais do territorio- ás 10:30 h. Pola tarde haberá una
reunión aberta ao público, á que poderá asistir calquera persoa que teña
curiosidade por coñecer o labor do GALP e aportar as súas ideas.
Comentarios
Publicar un comentario