O roteiro teatralizado “Son do Mar” xa pode visualizarse en vídeo grazas a Gallaecia Films



Gallaecia Films, do IES Isaac Díaz Pardo do Concello de Sada, filmou o roteiro teatralizado "Son do Mar". Un evento organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur coa colaboración de Alentía Teatro e a Confraría de Pescadores de Sada. Nel, máis de 70 actores e actrices recrearon a historia mariñeira do municipio a través dunha ruta que contou con 12 escenas ambientadas nos anos 40 e 50.

Arredor de 300 persoas participaron neste roteiro. Esta iniciativa tiña como obxectivo principal impulsar, dignificar e proxectar a cultura mariñeira.

Desde o GALP agradecemos esta montaxe audiovisual e a participación de todas as persoas que nos axudastes a facer posible este proxecto.

Pódedes visualizala no seguinte enlace:  VIDEO



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024