O GALP modernizou e incrementou a capacidade de produción de xeo na lonxa da Coruña




O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur levou a cabo diferentes accións de mellora da eficiencia na lonxa da Coruña. Un deles foi a modernización e incremento da capacidade de produción de xeo para atender ás necesidades de abastecemento do porto da Coruña. Esta iniciativa levouse a cabo no 2017 e contou cun orzamento de 253.130,60 €.

Co proxecto pretendeuse modernizar as instalacións para mellorar a capacidade produtiva, manter postos de traballo e usar de forma eficiente os recursos naturais. Á súa vez, esta iniciativa buscou reducir o consumo enerxético, polo tanto a pegada de carbono, para potenciar a eficiencia e fomentar o consumo responsable de auga.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección