O Centro de Interpretación da Torre de Hércules converteuse en representante da cultura mariñeira atlántica
O espazo acolleu a
entrega dunha das cestas mariñeiras sorteadas pola Rede REMA, a Rede de Espazos
Museísticos Atlánticos
A principios de xaneiro, o martes 4, o GALP Golfo Ártabro Sur organizou a entrega da cesta mariñeira da Rede REMA correspondente ao seu territorio no Centro de Interpretación da Torre de Hércules. A entrega fixérona Ana María Santorun Ardone, directora do Centro, e en representación do GALP, José Garrote Martín, secretario da entidade, e Federico López Viñas, xerente.
O ganador do territorio GALP Golfo Ártabro Sur foi
Andrés Lara Mesa do concello de Ames, que recibiu a Cesta Liresca.
Que é a Rede REMA?
A Rede de Espazos
Museísticos Atlánticos (Rede REMA - www.redrema.eu) deu a coñecer a mediados do
pasado decembro, durante un sorteo público, o nome dos 20 ganadores destas
cestas con produtos mariñeiros atlánticos entre as máis de 100 persoas que nos
últimos meses completaron o denominado Pasaporte REMA, unha acción de promoción
e divulgación organizada no marco do proxecto. Todas elas realizaron, polo
menos, 5 visitas a algún dos 31 museos adheridos situados nas costas atlánticas
de Galicia, Portugal e Asturias. No territorio do GALP Golfo Ártabro Sur están
integrados tres: a Torre de Hércules, o Aquarium Finisterrae e o Ceida (Centro
de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
A Rede REMA naceu hai tres anos como un proxecto de
cooperación dos GALP galegos para divulgar a cultura marítima e mariñeira do
arco atlántico europeo. Está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
(FEMP) a través da Consellería do Mar.
Comentarios
Publicar un comentario