Nova convocatoria de axudas FEMP
Tras a publicación da orde no DOG, os promotores dispoñen ata o 28 de febreiro para presentar os seus proxectos
A Consellería do Mar da Xunta de Galicia publicou o pasado xoves 27 de xaneiro a convocatoria da última orde de axudas para os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia co obxectivo de consumir o total do crédito concedido a cada un. No caso do GALP Golf Ártabro Sur, con aproximadamente un 98% do crédito consumido en anualidades anteriores, o remanente non chega aos 65.000€.
Os promotores interesados en
presentar os seus proxectos teñen un mes de prazo ata o 28 de febreiro. En caso
de dúbidas ou solicitude de información, poden achegarse á sede da entidade,
situada na Casa do Mar do Sada (Avenida do Porto, 21A) previa cita. O equipo
técnico tamén atende consultas por teléfono (881 89 64 17) ou por email (galpgolfoartabrosur@gmail.com).
Desde
a base
En numerosas ocasións, a
Consellería do Mar salientou o importante papel social que desempeñan os Grupos
de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) de Galicia para apoiar proxectos que
se artellan “de abaixo a arriba” e crear valor e riqueza no territorio onde se
desenvolven.
Ligazón directa ao DOG do xoves, 27 de xaneiro de 2022, III. Outras disposicións, sección Consellería do Mar >
Comentarios
Publicar un comentario