Achegamento do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para o relevo xeracional
O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia
Despois dunha primeira fase na que se realizou a presentación do proxecto nun acto público no Museo do Pobo Galego en Santiago e a captación dos centros educativos para a súa participación, o programa arranca este 2022 con 51 institutos inscritos, máis de 2170 escolares de secundaria participantes e novas actuacións que xa deron comezo a semana pasada.
Neste anualidade,
que se prolongará ata final de ano, o RELEVO 2 levará cabo as seguintes actuacións:
- formación en centros de ensino de cara a coñecer as oportunidades
do sector pesqueiro,
- visitas a empresas nos diferentes territorios GALP
para que o alumnado sexa coñecedor de primeira man dos recursos e oportunidades
que ten na súa zona xeográfica,
- elaboración dun manual de boas prácticas de cara a
recoller a información principal sobre titulacións, saídas profesionais e
centros de ensino en relación ao sector do mar e tamén proxectos de éxito
levados a cabo nos diferentes territorios e,
- tamén se está buscando a maneira de poder dar a
oportunidade a un número determinado de alumnos para que poida embarcar
en busques de pesca, a modo de prácticas, para vivir e experimentar en primeira
persoa o día a día das xentes do mar.
En canto ao programa formativo divídese en
tres bloques principais de contidos:
a) Pesca e acuicultura
b) Transformación e comercialización
c) Turismo e deportes náuticos
Cada bloque impartirase a través de
varias sesións de aula nas que se contará cun equipo docente formado por
titulados superiores no eido da oceanografía con ampla experiencia na
realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica
sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.
Ademais contarase con persoal do
sector pesqueiro e de entidades colaboradoras (asociacións, empresas, etc) que
irán á aula a falar de diferentes oficios e postos de traballo que o sector
ofrece.
Os centros educativos poden participar
na totalidade das sesións propostas ou ben escoller os bloques temáticos que máis
lles interesen. Dende a organización podemos comentar que a meirande parte dos
institutos anotados, participarán nos tres bloques propostos.
Máis información
Pódese acceder á web do proxecto relevo2.org, contactar coa oficina do GALP Golfo Ártabro Sur (881 896 417, galpgolfoartabrosur@gmail.com) ou directamente coa asistencia
técnica nos números de móbil 633 33 54 63 ou 608 98 92 58.
Comentarios
Publicar un comentario