Aprobación das actividades de difusión 2022
Estas accións, que teñen como fin dar a coñecer a todos os veciños do territorio, e outros implicados, o traballo executado polo Grupo, encádrase en tres eixos
O primeiro centrará os esforzos
en dar a coñecer a importancia da pesca artesanal e outras temáticas relevantes
como a necesidade de manter limpo o medio ambiente, o traballo en cooperación,
a inclusión social de persoas con diversidade funcional, o coñecemento do
patrimonio material e inmaterial ou traballo das mulleres do mar.
Como xa ven sendo habitual, para
esta anualidade tamén están previstas varias visitas de estudo e traballo
cooperativo con outros GALP nacionais ou internacionais para coñecer novos
proxectos que se poidan trasladar ao territorio. A experiencia en edicións
anteriores foi altamente positiva xa que estas viaxes permiten achegarse a
outras realidades e incrementar de valor todos os eidos da estratexia local. A viaxe de estudos de 2021 realizouse aos territorios dos GALP
Costa Luz e do GAL Sotavento, grupos veciños a ambos lados da fronteira
española e portuguesa separados polo río Guadiana.
Canles oficiais
A terceira actividade de difusión é a relativa á comunicación
da importancia da comunidade pesqueira e do labor desempeñado polos
traballadores do mar para o progreso socioeconómico da zona. A través das
canles propias do GALP
Golfo Ártabro Sur como son esta newsletter, a web ou as redes sociais co usuario
@galpartabrosur (Facebook, Twitter, Instagram ou Youtube), infórmase a diario sobre este
tema e tamén sobre as
axudas e fondos dispoñibles para o crecemento local, información e difusión das
actividades realizadas desde o GALP para o desenvolvemento local territorial.
Comentarios
Publicar un comentario