A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” recolle a riqueza cultural do noso patrimonio pesqueiro

Esta mostra itinerante que se inaugurou en Sada poderá verse nas casas da cultura de Oleiros e de Arteixo e, na praza de Lugo da Coruña entre agosto e setembro.

Os contidos dos quince paneis recollen as conclusións do traballo en rede promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur en colaboración coas catro confradías e Organizacións de Produtores de Pesca con sede no territorio.




“La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” é o título da exposición que o venres 22 de xullo presentou o GALP Golfo Ártabro Sur e que é o resultado da investigación colaborativa do mesmo nome promovida pola entidade para dar a coñecer o estado actual do sector. Este estudo foi un traballo en rede no que colaboraron as catro confrarías da zona (Sada, A Coruña, Lorbé e Mera) e tamén as OPP con base no territorio: ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña e a de Armadores de Pesca de Galicia (Arpega).

 

Nos quince paneis que compoñen a mostra pode facerse un percorrido pola evolución da frota, desde os barcos do día aos do arrastre de altura, as artes de pesca que empregan, ou as especies máis habituais entre as capturas. Tamén se reservou un espazo para dar a coñecer polo miúdo o intenso traballo que realizan a diario os traballadores do mar vinculados a cada unha das catro confrarías do territorio: A Coruña, Sada, Lorbé e Mera.




Ao acto de presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, onde actualmente se atopa a exposición, acudiron o presidente do GALP, Alberto Castro, o secretario da entidade, José Garrote, o alcalde de Sada, Benito Portela e o patrón maior da Cofradía de Mera, Francisco Neira. Desde a directiva do GALP, sinalaron que “esta exposición é unha grande oportunidade para amosarlle á veciñanza do territorio a riqueza cultural do noso patrimonio pesqueiro”. Con este obxectivo, a mostra percorrerá o territorio de actuación da entidade durante todo o verán con acceso libre.



Calendario
A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” permanecerá na Casa da Cultura de Sada ata o domingo 31 (horario de mañás). Despois, continuará o seu periplo no Centro cívico - Casa da Cultura de Oleiros (2 a 14/08), polo Centro Cívico de Arteixo entre o 16 -28/08 (só mañás) para acabar no mercado da praza de Lugo na Coruña do 5 ao 20 de setembro. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024