Votación pública en Facebook do I Concurso de Foto Dixital “Ollando cara ao mar”


Entre o 1 e o 17 de agosto ata as 13.00h estará aberta no noso Facebook a votación pública para designar as tres mellores fotos do I Concurso online de fotografía “Ollando cara ao mar” promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur. As gañadoras serán aquelas que sumen máis “gústame”. 

O fallo do concurso publicarase nesta web (https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com), nas nosas redes sociais e tamén se comunicará por correo electrónico aos gañadores.

 

Tres premios para gozar co ocio náutico
Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). Así, o primeiro premio será un curso de vela práctico na ría de Betanzos para unha persona, que consiste en 4 salidas en veleiro cunha duración de 3 horas cada unha.

 

O segundo será unha excursión, tamén en en veleiro polo litoral do Golfo Ártabro para 2 persoas de 3 horas de duración. O último e terceiro premio será un bautismo de vela tamén polo noso litoral para unha persoa. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024