Lanzamento do proxecto PescaConCiencia para combater os efectos do cambio climático
Arrincou o proxecto de cooperación PescaConCiencia: “Alianza por un futuro Sostible” no marco do Ano Internacional da Pesca e Acuicultura Artesanal 2022 que promove a FAO, contribuíndo a lograr unha alianza na que a sustentabilidade e o medio ambiente xoguen un papel fundamental.
O proxecto, financiado pola Unión Europea a través do FEMP 2014-2020 baixo estratexias de desenvolvemento local participativo a través da Consellería do Mar, ten por obxectivo xeral contribuír á adaptación do sector pesqueiro artesanal de Galicia para os efectos do cambio climático, a través da cooperación entre sector pesqueiro e academia, coa transferencia de coñecemento bidireccional para a identificación conxunta de medidas de adaptación e recomendación.
O proxecto de alcance rexional, vinculado aos Grupos de Acción Local no sector pesqueiro: GALP Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Ría de Vigo - A Guarda, levará acabo as seguintes accións:
- Diagnóstico participativo e caracterización do sector: vulnerabilidade do sector ao cambio climático.
- Organización dun Foro conxunto: alianza por un futuro sostible.
Como resultado do proxecto contarase cun Acordo de Colaboración o sector pesqueiro e a ciencia en materia de cambio climático e unha folla de roteiro para a súa respectiva implementación.
Este proxecto conta coa
colaboración do Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa e as
universidad da Coruña, Santiago e Vigo.
Fases
Nunha primeira fase estase establecendo contacto coas confrarías das áreas de influencia dos GALP participantes. Nestes primeiros encontros explicaráselles o proxecto e terán a oportunidade de realizar unha enquisa, que servirá de base para traballar conxuntamente co sector académico e científico nuns obradoiros que se celebrarán en setembro e cuxas datas se avanzarán proximamente.
Neses talleres intentará definirse unha diagnose real do impacto do cambio climático no sector pesqueiro artesanal e no marisqueo.
Finalmente, no mes de outubro, e a a partir dos resultados dos obradoiros, organizarase un foro conxunto entre os profesionais do sector pesqueiro e do ámbito científico das tres universidades galegas, das que proceden as persoas académicas que traballaron na elaboración da diagnose.
No encontró analizaranse os factores de risco e identificaranse as accións concretas e solucións específicas para a mitigación e adaptación do sector, de cara a mellorar a súa resiliencia fronte a este reto global.
Díptico do proxecto nesta ligazón.
Comentarios
Publicar un comentario