Reunións para elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)
A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha e para isto, antes estamos traballando desde a base achegando ideas.
Neste sentido, o sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía poden identificar cales son as necesidades do noso territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira entre Bergondo, Sada, Cambre, Culleredo, Oleiros, A Coruña e Arteixo. Despois, definiremos as iniciativas que queremos para o noso territorio.
Como e cando participar?
O
proceso está aberto a todas as persoas en reunións presenciais e virtuais seguindo
este calendario:
·
Venres,
15 de xullo | Casa do Mar | Sada (sede do GALP) | 18-20.30h (realizada)
·
Venres, 29 de xullo | Xuntanza en liña | 10h
Boas noites. Cheganme as convocatorias dias despois. Gustariame asistir a elas. Graciñas
ResponderEliminar