Entradas

O GALP Golfo Ártabro Sur colabora coa Asociación Os Patexeiros no I taller de maquetas de madeira.

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur sigue a colaborar coa Asociación Os Patexeiros en prol do patrimonio cultural marítimo de noso territorio, nesta ocasión apoiaremos o I Xornada de maquetas de madeira.     O vindeiro 15 de abril, na aula de usos múltiples do GALP Golfo Ártabro Sur, sita na Avenida do Porto Nº21 -Baixo (Casa do Mar) de Sada se celebrará a I Xornada de Maquetas de Madeira, que terá como poñente ao Mestre Carlos Colovad, promovida pola Asociación Patexeiros. Esta xornada enmarcase na colaboración entre as dous entidades para poñer en valor o patrimonio cultural marítimo de noso territorio. Aqueles interesados en asistir que se poñan en contacto: No correo electrónico: ospatexeiros@gmail.com Ou polo whatshap no número: 696885666 Prazas Límitadas.  

Os equipos técnicos dos GALPs galegos continúan coas reunións de traballo coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Imagen
  O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur e o resto de equipos técnicos dos GALPs galegos reúnense coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o seu equipo onde se traballou sobre o peche do Programa FEMP e os novos fondos FEMPA   Neste mes de marzo, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente nas diferentes reunións levadas a cabo por tódolos GALPs galegos, tanto presenciais como via telemática, onde se trataron temas como peche de do Programa FEMP, e seguir traballando na nova convocatoria das axudas do fondo FEMPA. Todos os GALPs galegos xunto coa Consellería do Mar están a realizar todas as accións necesarias para poder abrir a convocatoria dos fondos FEMPA nesta anualidade, así como ultimar a documentación para facilitar a tódolos promotores a presentación dos seus proxectos.    

O GALP Golfo Ártabro Sur participa no Taller formativo on line “Novedades FEMPA y criterios para la elegibilidad de proyectos” da Red Española de Grupos de Pesca

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente na reunión realizada pola Red Española de Grupos de Pesca o pasado 1 de Marzo, cuxo obxectivo foi a transferencia de coñecemento dirixido a fortalecer as capacidades de xestión dos OIG/GALP no ámbito da elixibilidade das operacións . O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo no Taller Formativo on line   promovido pola Rede Española de Grupos de Pesca co obxecto de fortalecer as capacidades de xestión das Órganos de Xestión das Comunidades (OIG) e dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiros nos ámbito da elixibilidade das operacións. Os aspectos que se traballaron son os seguintes: -       Novedades do Fondo Europeo Marítimo, e de Pesca e Acuicultura (FEMPA) -       A normas de comunicación no novo FEMPA -       A Cooperación no novo FEMPA -       Os criterios de selección (admisibilidade e elexibilidade) - ...

O GALP Golfo Ártabro Sur presenta o informe socio-cultural do sector do mar

Imagen
  O informe socio-cultural do GALP Golfo Ártabro Sur busca sentar as bases do patrimonio marítimo do Golfo Ártabro para dar a coñecer a influencia que tivo o sector do mar na poboación. Na anualidade 2022, realizouse un informe socio-cultural cuxo obxectivo é sentar as bases de coñecemento do patrimonio marítimo, creando un documento para dar a coñecer a influencia que tivo o sector do mar na poboación do Golfo Ártabro. No día de hoxe estase a presentar publicamente o documento para que poida ser consultado na páxina web do GALP Golfo Ártabro Sur, por toda aquela persoa interesada. Este documento vai acompañado dun vídeo resumo do traballo, onde se pode ver de forma sintética a vinculación do territorio co sector do mar. Os datos recadados neste informe van dirixidos á sociedade en xeral, para dar a coñecer o patrimonio, tanto material como inmaterial e tamén o patrimonio natural, vencellado ao sector do mar no territorio GALP. Este informe realizouse con aportacións da base ...

Convocatoria á primeira Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur no ano 2023

Imagen
  O próximo 3 de marzo levarase a cabo a primeira Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur neste ano 2023. O próximo día 3 de marzo levarase a cabo a primeira Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur neste ano 2023. Nesta asemblea, presentaranse as memorias e informes económicos e de actividades realizados no 2022. Do mesmo xeito, presentaranse a previsión de orzamentos e actividades para o seu debate e aprobación para a anualidade 2023. Como cada ano, esta primeira reunión é o punto de saída para o comezo da realización das principais actividades e actuacións da anualidade.    

Gran éxito da serie de vídeos dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur mediante os fondos FEMP.

Imagen
Xa está dispoñible no canal de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur varios vídeos que amosan os proxectos subvencionados no territorio mediante os fondos FEMP   O GALP Golfo Ártabro Sur presentou o pasado mes unha serie de vídeos que alberga tódolos proxectos financiados polo grupo mediante os fondos FEMP. Estes vídeos están dispoñibles no canal de Youtube do grupo, e preséntanse todos os venres nas diferentes redes sociais. Dende o GALP comprobouse a boa acollida que está a ter esta serie, xa que os resultados obtidos por ela e os comentarios do público das redes sociais son moi satisfactorios. Ademais, o grupo considera moi importante que o público poida comprobar o traballo realizado no pasado programa e o grado de satisfacción obtido polos promotores, xa que isto é a mellor carta de presentación para que os novos fondos FEMPA teñan unha boa acollida no territorio, servindo os traballos realizados como fonte de inspirac...

O GALP Golfo Ártabro Sur participa na reunión virtual de cooperación promovida por FAMENET

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente na reunión realizada por FAMENET o pasado 16 de febreiro, onde se tivo un debate técnico sobre a cooperación entre os GALPs nacionais e/ou europeos. O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo na reunión promovida por FAMENET na que se tivo un debate técnico onde se presentaron diferentes proxectos de cooperación realizados mediante os fondos FEMP e que poden ser inspiración para próximos proxectos de cooperación levados a cabo mediante os fondos FEMPA. Os proxectos que se presentaron son os seguintes: -       Mejora de las Estrategias de Desarrollo Local de las zonas pesqueras mediante acciones de cooperación entre los GALP – por el GALP Braila (Rumanía) -       Proyecto de cooperación transnacional entre GALP de Grecia y Chipre para promover el turismo de buceo sostenible “Dive in our Islands” – por el GALP Lesvos (Grecia) -       Metodología de coop...

Os equipos técnicos dos GALPs galegos reúnense para ultimar os documentos do FEMPA

Imagen
  O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur reúnese co resto de equipos técnicos dos GALPs galegos para ultimar a documentación necesaria para a primeira convocatoria do fondos FEMPA   Ao longo de todo o mes de febreiro, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente nas diferentes reunións levadas a cabo por tódolos GALPs galegos para a realización da proposta á Consellería do Mar das novas bases, que se están a desenvolver para a apertura da nova convocatoria das axudas do fondo FEMPA. Nestas reunións, tamén se fixeron dous documentos para propoñer unha modificación das memorias técnicas e económicas, pois actualmente é un documento algo complexo e que é imprescindible presentar na solicitude dos proxectos para a obtención das axudas. Con estas memorias máis sinxelas e intuituvas, búscase conseguir que os documentos a entregar na solicitude dos proxectos sexan máis fáciles de cubrir polos promotores. Tamé...

Xa está publicada a nova Estratexia de Desenvolvemento do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur xa ten publicada a súa nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur. A principios deste mes, o GALP Golfo Ártabro Sur publicou nas súas redes sociais as liñas de actuación da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), para que todos aqueles promotores interesados poidan ver os obxectivos nos que traballará o grupo neste programa. Dende o día de hoxe, na web: https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur e no blog: https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com/  (Convocatoria de Axudas) poderase ver o documento completo da estratexia coa que traballará o GALP ao longo deste período para poder admitir, tramitar e valorar os proxectos que se presenten á convocatoria 2023 e as consecutivas.

Aberto o prazo para a presentación de diferentes axudas ao sector

Imagen
Dende a Consellería do Mar abriron varias liñas de axudas vinculadas ao sector, cuxas bases pódense consultar online ou na sede do GALP Golfo Ártabro Sur Neste ano 2023, dende a Consellería do Mar abríronse multitude de convocatorias de axudas para o sector, que o GALP Golfo Ártabro Sur está a promocionar, para proporcionar información a través das nosas redes sociais, web e blog, e mesmo nos oficinas, pois todas aquelas persoas que se cheguen a elas, poderán obter as bases das convocatorias. Dentro das axudas abertas atópanse as seguintes: -       Subvención a proxectos de colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas das actividades marisqueiras. Data límite de presentación: 20/02/2023 Convocatoria 2023 - Ayudas a proyectos colectivos, financiados por el Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP), para la conservación y restauración de la biodiversidad y de los ecosistemas marinos en el marco de actividades marisqueras sosteni...

O Boletín da Rede Nacional de Grupos de Pesca pon en valor unha vez máis varias accións do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur ve reflexadas catro das súas actividades directas no boletín da RedFep, e varias actividades conxuntas nas que participou en cooperación con outras entidades. No boletín da Rede Nacional de Grupos de Pesca do mes de xaneiro, o GALP Golfo Ártabro Sur ve reflexadas unha vez máis varias das súas actuacións. É habitual que dende a Rede, estean ao día de todas as actividades que se realizan dende os GALP, e salienten mensualmente algunhas delas. Non é a primeira vez que as actividades do GALP Golfo Ártabro Sur cobran especial relevancia e son publicadas no Flash mensual “En Red”. Neste mes de xaneiro salientaron catro actividades levadas a cabo: a entrega do galardón de Boas Prácticas ao ADR Mariñas-Betanzos polo seu proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro”, o vídeo resumo das artes de pesca realizado para a conmemoración do AIPAA, o aumento de orzamento de máis dun 44% que obtivo o grupo para o período FEMPA 2021-2027 e o vídeo resumo de tódalas actividades realiza...

O GALP Golfo Ártabro Sur presenta hoxe nas redes unha serie de vídeos dos proxectos subvencionados mediante os fondos FEMP

Imagen
  Xa está dispoñible no canal de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur o primeiro vídeo da serie na cal se amosan os proxectos subvencionados mediante o programa FEMP. No día de hoxe, o GALP Golfo Ártabro Sur lanza o primeiro vídeo dunha serie que alberga tódolos proxectos financiados polo grupo mediante os fondos FEMP. Este vídeo está dispoñible no canal de Youtube do grupo, no que tódalas semanas se subirá un vídeo ata completar a serie. Estes vídeos mostrarán tódolos proxectos que foron subvencionados dende 2017 ata 2022, baixo as directrices da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobada pola Consellería do Mar para a xestión dos Fondos Europeos Marítimos e da Pesca (FEMP) no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. En cada un dos vídeos exponse un proxecto diferente, que se engloba nalgún dos seguintes obxectivos: valor engadido á cadea de valor do sector pesqueiro, diversificación, medioambiente, patrimonio cultural, gobernanza e cooperación. Con esta serie...

Un dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur, “Ecoturismo no Golfo Ártabro” presentouse en Fitur

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur acompañou ao promotor do proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro” á súa presentación en Fitur O secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote, acompañou á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos, á presentación en FITUR do proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro” que foi financiado dende o GALP. Este proxecto tamén obtivo o galardón de “Buena Práctica” da Rede Española de Grupos de Pesca na pasada anualidade. Na súa intervención en Fitur, José Garrote, puxo de manifesto a importancia de proxectos desta tipoloxía, pois dende a Estratexia de Desenvolvemento do GALP apóianse as iniciativas baseadas na economía azul e o turismo sostible relacionado co mundo do mar, promovendo unha calidade turística e valorizando os produtos do mar.   Aproveitou a ocasión para animar a novos promotores a coñecer o traballo que se está a facer dende o GALP Golfo Ártabro Sur, a nova Estratexia de Desenv...