Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

O GALP deu a coñecer na xornada Talento Azul a iniciativa coa que reemprega as cunchas de mexillón para crear mobiliario

Imagen
O proxecto posto en marcha por Construcciones M.A. Ramos S.L. co apoio do GALP permite empregar as cunchas dos mexillóns para crear formigón, que se emprega para a realización de mobiliario cun elevado valor engadido. A xornada, organizada polo GALP Ría de Arousa, tivo o obxectivo de dar a coñecer iniciativas de éxito que inspiren novos proxectos e que sirva á súa vez para captar investimentos europeos. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur asistiu á xornada Talento Azul en Cambados, organizada polo GALP Ría de Arousa, onde deu a coñecer o seu proxecto de creación de mobiliario con cáscaras de mexillón levado a cabo pola empresa Construcciones M.A. Ramos S.L. O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, asistiu ao evento, que tivo como obxectivo crear un foro de debate entre diferentes representantes dos GALP galegos para dar a coñecer proxectos de éxito que inspiren novas iniciativas arredor do denominado crecemento azul e que, á súa vez, s

Rematan co sector económico as mesas sectoriais a través das que se renovarán os órganos de goberno do GALP

Imagen
Ao longo destas semanas os sectores pesqueiro, público, social e económico reuníronse para elixir os 17 membros que compoñerán a Xunta Directiva do Golfo Ártabro Sur no vindeiro exercicio. O día 6 de novembro realizarase a Asemblea Xeral na que se nomearán os cargos da Xunta Directiva, presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais. As mesas sectoriais aproban os membros propostos á Asemblea Xeral para o nomeamento destes de acordo cos artigos 16 e 17 dos estatutos do GALP. O encontro do sector ecónomico puxo o broche final ás reunións das mesas sectoriais a partir das que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur escollerá a nova Xunta Directiva. O 6 de novembro nomearase aos seus membros na Asemblea Xeral, entre os que se atopan o presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro. A elección dos novos órganos de goberno do GALP comezou coas mesas sectoriais nas que se reuniron os diferentes sectores da poboación e de onde sairán os 17 membros

O GALP reúnese con entidades sociais do territorio para dinamizar proxectos de inclusión laboral no sector pesqueiro

Imagen
  O evento enmárcase dentro do proxecto de cooperación “Tanza”, que busca establecer novas sinerxías para mellorar a empregabilidade e integración social, facendo fincapé nas persoas con diversidade funcional No encontro participaron Dismacor, Fundación ADCOR, Down Coruña e Aspadisol A sede do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur acolleu esta mañá unha nova reunión do proxecto de cooperación “Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular” , a través do que se pretende impulsar novas sinerxías e a creación de iniciativas de inclusión social e laboral no mundo do mar, facendo fincapé nas persoas con diversidade funcional. No encontro, as persoas participantes expuxeron as preocupacións actuais, así como novas propostas e ideas co obxectivo de dinamizar a creación de vías de colaboración entre entidades de inclusión social e organismos do sector do mar. Na reunión participaron representantes do GALP Golfo Ártabro Sur e entidade

Comeza coas mesas sectoriais o proceso para renovar os órganos de goberno do GALP

Imagen
Ao longo das vindeiras semanas as mesas dos sectores do mar, público, empresarial e social reuniranse para elixir a Xunta Directiva .   Comezan as  reunións das  mesas sectoriais do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur para escoller  a vindeira Xunta Directiva do ente, que á súa vez elixirá  un novo presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro para o  próximo  exercicio.    A elección dos novos órganos de goberno do GALP comeza coas mesas sectoriais nas que se reunirán os diferentes sectores da poboación e de onde sairán os 17 membros que conformarán a Xunta Directiva, que á súa vez,  serán os encargados e encargadas de seleccionar  ao presidente /a , vicepresidente /a , secretario /a  e tesoureiro /a .    Así pois nas reunións estará presente o sector do mar, a través da súa mesa propia que  contará  con  entidades e organizaci óns relacionadas co secto r, como son as confrarías de pescadores, asociacións de  redeiras , fundacións e organizacións d

As axudas do GALP para proxectos vencellados ao mundo do mar poderán solicitarse ata o 1 de marzo

Imagen
  ·           A liña de subvencións está aberta a iniciativas pesqueiras, turísticas, culturais e de cooperación. O prazo para solicitar as axudas a proxectos vencellados ao mundo do mar do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur segue aberto. O período para solicitalas rematará o 1 de marzo de 2021 e a elas pódense presentar iniciativas relacionadas coa pesca, turismo, cultura e cooperación. As entidades que queiran iniciar unha actuación en relación ao mundo do mar nun dos eixos sinalados poderá solicitar estas subvencións, que axudarán a financiar o 50% no caso dos proxectos produtivos e puidendo chegar ao 100% do investimento dos non produtivos. O GALP tamén exercerá funcións de asesoramento e acompañamento ao longo de todo o proceso. “As axudas pretenden impulsar o desenvolvemento social e económico da zona costeira que nos ocupa”, explica o presidente do GALP, Alberto Castro. “Con elas pretendemos dar impulso a actividades innovadoras, que valoricen

O GALP participará no X aniversario da REGP a través dun vídeo de agradecemento e felicitacións

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participará a través dun vídeo no décimo aniversario da Rede Española de Grupos de Pesca (REGP). Ante a crise xerada pola Covid-19 e a imposibilidade de realizar un acto de celebración, o GALP enviará un pequeno vídeo en agradecemento e felicitación polo labor que leva a cabo este organismo. A REGP constitúe unha plataforma que facilita a interacción e comunicación entre os grupos, autoridades de xestión e institucións públicas e privadas que impulsan accións para construír un presente e futuro sostibles nas comunidades pesqueiras.

Persoas con diversidade funcional coñecerán as características das diferentes especies mariñas grazas a un proxecto do GALP

Imagen
  ·          “Un mar de ilusións: coñecendo os fondos mariños” permitirá crear un vídeo en formato de debuxos animados para explicar as características das diferentes tipoloxías de seres vivos e como distinguilas no mercado e noutros ámbitos. Co proxecto "Un mar de ilusións: coñecendo os fondos mariños", o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur busca achegar ás persoas con diversidade funcional ao mundo do mar. Ao non poder realizarse a actividade de forma presencial por mor da crise sanitaria, farase a través dun divertido e didáctico vídeo de debuxos animados, no que se explicarán as diferentes tipoloxías de seres vivos que habitan nas augas do territorio do GALP: peixe branco, peixe azul, cefalópodos, bivalvos, crustáceos, etc. O documental contará cunha duración de case 10 minutos en forma de debuxos animados. Nel as especies mariñas interactuarán co capitán Sargo, un auténtico “lobo de mar”, que cos seus diálogos comentará as diferentes

O GALP aproba un proxecto para mellorar a infraestrutura da lonxa de Sada

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur aprobou en Xunta Directiva un novo proxecto non produtivo dentro da segunda convocatoria da súa liña de axudas.  A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur deu luz verde ao proxecto de mellora do equipamento da lonxa de Sada a través da colocación dun fabriquín de xeo nas instalacións. A actuación está impulsada pola Confraría de Pescadores de Sada. “A través da nosa liña de axudas seguimos recibindo proxectos e empregando os nosos fondos para o desenvolvemento económico e social dos sete concellos que conforman o noso territorio”, indicou o xerente do GALP, Federico López Viñas. “É necesario seguir facilitando o noso apoio para mellorar as infraestruturas da zona co obxectivo de ofrecer uns servizos máis eficientes e de calidade”, remarcou.  Despois da aprobación do proxecto por parte do GALP, agora deberá ser avalado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que emitirá a resolución final. 

Proposta Definitiva Xunta Directiva 2ª Convocatoria 2020

Imagen
  A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur en xuntanza celebrada hoxe 5 de outubro de 2020, acordou aprobar a proposta de resolución definitiva de proxectos que se adxunta.   Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.     Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva 2ª Convocatoria 2020   Avaliación dos Proxectos   Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.  

O GALP Golfo Ártabro Sur inaugurou hoxe a VIII edición do curso de carpintaría de ribeira en Lorbé

Imagen
O programa está organizado por Os Patexeiros e conta co financiamento do GALP. Ademais de hoxe, terá lugar o 17, 24 e 31 de outubro e o 7 e o 14 de novembro.  Oleiros, 03 de outubro de 2020. - O porto de Lorbé, no Concello de Oleiros, acolleu hoxe a xornada de inauguración da VIII edición do curso de carpintaría de ribeira organizado por Os Patexeiros e financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. O curso, que estará impartido por profesionais deste eido, celebrarase os días 3, 17, 24 e 31 de outubro e 7 e 14 de novembro os sábados pola mañá, tendo unha duración total de 24 horas.  O alumnado deste curso poderá aprender a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de taboas ou de embreado, entre outras. As persoas participantes poderán poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia, onde realizarán tarefas de r