O GALP aproba un proxecto para mellorar a infraestrutura da lonxa de Sada




O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur aprobou en Xunta Directiva un novo proxecto non produtivo dentro da segunda convocatoria da súa liña de axudas. 

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur deu luz verde ao proxecto de mellora do equipamento da lonxa de Sada a través da colocación dun fabriquín de xeo nas instalacións. A actuación está impulsada pola Confraría de Pescadores de Sada.

“A través da nosa liña de axudas seguimos recibindo proxectos e empregando os nosos fondos para o desenvolvemento económico e social dos sete concellos que conforman o noso territorio”, indicou o xerente do GALP, Federico López Viñas. “É necesario seguir facilitando o noso apoio para mellorar as infraestruturas da zona co obxectivo de ofrecer uns servizos máis eficientes e de calidade”, remarcou. 

Despois da aprobación do proxecto por parte do GALP, agora deberá ser avalado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que emitirá a resolución final. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024