Comeza coas mesas sectoriais o proceso para renovar os órganos de goberno do GALP



  • Ao longo das vindeiras semanas as mesas dos sectores do mar, público, empresarial e social reuniranse para elixir a Xunta Directiva. 

Comezan as reunións das mesas sectoriais do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur para escoller a vindeira Xunta Directiva do ente, que á súa vez elixirá un novo presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro para o próximo exercicio.  

A elección dos novos órganos de goberno do GALP comeza coas mesas sectoriais nas que se reunirán os diferentes sectores da poboación e de onde sairán os 17 membros que conformarán a Xunta Directiva, que á súa vez, serán os encargados e encargadas de seleccionar ao presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e tesoureiro/a

 

Así pois nas reunións estará presente o sector do mar, a través da súa mesa propia que contará con entidades e organizacións relacionadas co sector, como son as confrarías de pescadores, asociacións de redeiras, fundacións e organizacións de produtores e distintas asociacións pesqueiras.  


Tampouco fallará a representación do sector público, que estará configurada polos representantes dos concellos socios, que neste caso son A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.  


Por outro lado, as asociacións empresariais asociadas tamén se encontrarán na súa mesa, así como o fará o sector social, que se dividirá en tres submesas que contarán con eixos como o medioambiente, deporte ou cultura, así como mesa de mulleres e de entidades de diversidade funcional. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024