O GALP Golfo Ártabro Sur inaugurou hoxe a VIII edición do curso de carpintaría de ribeira en Lorbé
- O programa está organizado por Os Patexeiros e conta co financiamento do GALP.
- Ademais de hoxe, terá lugar o 17, 24 e 31 de outubro e o 7 e o 14 de novembro.
O curso, que estará impartido por profesionais deste eido, celebrarase os días 3, 17, 24 e 31 de outubro e 7 e 14 de novembro os sábados pola mañá, tendo unha duración total de 24 horas.
O alumnado deste curso poderá aprender a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de taboas ou de embreado, entre outras. As persoas participantes poderán poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia, onde realizarán tarefas de reparación da borda do barco e das táboas que se atopen en mal estado.
A través desta iniciativa o GALP pretende investir na formación dos profesionais do mundo do mar para seguir preservando esta arte tan importante na cultura mariñeira. A iniciativa tamén conta coa colaboración do Concello de Sada e Culturmar.
Comentarios
Publicar un comentario