O GALP Golfo Ártabro Sur financia un taller do Concello de Sada para o emprendemento no ámbito mariño


O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia a formación Empreamar, que porá en marcha o Concello de Sada. Esta diríxese ás persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea.

A través da iniciativa búscase fomentar o emprendemento ao tempo que se aproveitan e promocionan os recursos naturais do medio mariño. A formación consta de 35 horas teórico-prácticas, xornadas de visita a empresas do ámbito e unha de ‘outdoor training’. O taller conta con 25 prazas.

As persoas interesadas en participar nel poden contactar coa AEDL do Concello a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal. A data límite para inscribirse é o 13 de decembro.

O curso está financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Non podemos parar de ir ao mar, que comería a xente?”

“Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá con frío e choiva. Pasabamos a vida no peirao, porque como ninguén quería marchar sen peixe, cada vez madrugabamos máis.”

O GALP impulsa o emprego inclusivo e a cultura mariñeira con tres proxectos de cooperación