O vindeiro mércores día 1 de marzo remata o prazo para presentación de solicitudes de proxectos ao abeiro do Plan Estratéxico do GALP Golfo Ártabro Sur. INFORMATE!!!!!
Este mércores 1 de marzo remata o prazo para presentación de Solicitudes de axudas ao abeiro da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur. Ven a Informarte!!!! Voga con Nos!!! Reserva o teu Futuro!!!
PROXECTOS LOCALIZADOS NO AMBITO TERRITORIAL:
Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada
e Bergondo
*Excepcións: no Concello de A Coruña, por ser un
municipio densamente poboado non computa a totalidade da poboación (só a
integrante do sector pesqueiro e as súas familias), polo que só poderán ser
beneficiarios de axudas:
- As persoas xurídicas e as persoas físicas
integrantes do sector pesqueiro e as súas familias
TIPOLOXÍA DE PROXECTOS:
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO
PRODUTIVO: Actividades que supoñen a realización dunha actividade
económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha
creación e/ou mantemento de emprego.
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO NON PRODUTIVO: Os
que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica. Así
mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo
constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade
económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se
trate.
REQUISITOS:
§ Contribuír aos obxectivos da Estratexia de
desenvolvemento local participativo do Galp Golfo Ártabro Sur.
§ Estar localizados no ámbito territorial elixible do Galp
Golfo Ártabro Sur.
·
Ser viables técnica e economicamente.
§ Axustarse
á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de
aplicación para cada tipo de proxecto.
BENEFICIARIOS
Proxectos produtivos: Persoas físicas ou xurídicas que
cumpran requisitos sinalados na Orde de axudas (DOG nº 109 de 9 de xuño de
2016).
Proxectos non produtivos:
a) Confrarías de Pescadores e as súas federacións
b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e
as súas federacións
c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por
confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro
d) Entidades públicas locais
e) Asociacións declaradas de utilidade pública
f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os
seus obxectivos, algún dos seguintes:
o Fomentar as actividades
náuticas.
o Promocionar os produtos
pesqueiros do territorio.
o Fomentar o ambiente
mariño e costeiro.
o Promover o patrimonio
cultural marítimo pesqueiro.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
-
Modelo Normalizado de solicitude de axuda: ANEXO I
Con
carácter xeral, xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación,
acompañada dun índice e ordenada segundo se indica a continuación:
a) Acreditación da
personalidade:
1. Persoa física
Ø Copia
cotexada do DNI da persoa solicitante.
Ø Certificado de
empadroamento da persoa solicitante.
2. Persoa xurídica
Ø Copia
cotexada NIF entidade solicitante
Ø Copia
cotexada DNI da persoa representante
Ø Certificación do órgano
competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización
para facer a solicitude ao asinante dela.
Ø Certificación
do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo.
Ø Copia compulsada da
escritura de constitución ou dos estatutos da entidade debidamente inscritos no
rexistro, segundo o caso correspondente.
*
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e
as súas federacións.
b) Proxecto para o cal
se solicita a subvención
Ø Memoria e orzamento que
conteña unha descrición do proxecto conforme os modelos que figuran na páxina
web da Consellería do Mar (produtivos, produtivos Conxuntos ou de Cooperación,
produtivos de Turismo, non produtivos, non produtivos Conxuntos ou de
Cooperación) :
Ø No orzamento detallado de
cada un das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da
documentación xustificativa os custos incluidos (orzamentos, contratos,
facturas pro-forma....)
Ø Tres ofertas de distintos
provedores, para a contratación do compromiso para a obra, a prestación do
servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non
exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou
subministren.
c) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se é o caso
d) Proxecto técnico de execución, se é
necesario. En actuacións sobre inmobles presentarase un proxecto básico ou un
anteproxecto valorado que permita unha definición exacta da intervención que se
vai realizar e o seu custo.
e) Acreditación da capacidade legal do
uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A acreditación
deberá realizarse mediante escritura pública de compra-venda ou certificado do
rexistro da propiedade, ou mediante cesión en escritura pública ou contrato de
aluguer por un período mínimo de 10 anos.
f) Para acreditar a condición de familiar (segundo artigo 6.C. da Orde de
Axudas) deberase presentar a seguinte documentación.
Ø Libros de familia nos que
figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do
parentesco.
Ø Documentación que
acredite a condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a
do sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
Ø Informe de vida laboral
da persoa a que se refire o punto anterior.
g) Outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta
valoración do proxecto presentado.
h) Se se trata tamén dun INVESTIMENTO PRODUTIVO tamén terá que presentar:
Ø Último recibo pagado do
imposto de actividades económicas (IAE) ou certificado da exención, no caso de
empresarios individuais. No caso de inicio de actividade empresarial, será
suficiente o compromiso de darse de alta no IAE.
i) Certificacións acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas
obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
NORMATIVA E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA CONSULTA:
Comentarios
Publicar un comentario