Xornadas de Difusión da EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur e das Axudas o seu abeiro
O pasado Luns 13 de Febreiro de 2017, o Presidente do
Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, D. Andrés García
Boutureira asinóu o Convenio de Colaboración coa Conselleira do Mar, Dna. Rosa
Quintana Carballo, para a aplicación da
Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no marco do
Desenvolvemento Sostible das Zonas de Pesca do Fondo Europeo Marítimo e de
Pesca (FEMP)2014-2020.
Este convenio ten un orzamento de 4.000.000,00€ para o
período de 2017 – 2020.
Para proxectos productivos e non produtivos para o ano
2017, hai 750.000,00€ o 65% para proxectos productivos (empresariais) e 35%
para proxectos non produtivo.
Ante a proximidade da Convocatoría para presentación
de proxectos ao abeiro deste convenio que remata o vindeiro 1 de marzo
(incluído), o GALP preparou unha seríe de xornadas informativas ao longo do
territorio.
Estas xornadas son abertas ao público e enfócanse a
todas as persoas, institucións, entidades e colectivos sociais dos concellos do
GALP, as cales poden ser beneficiarias do programa de axudas (persoas físicas, entidades
e asociacións do sector pesqueiro, asociacións de empresarios, comerciantes,
hostaleiros, asociación culturais, medioambientalistas, etc.; persoas
emprendedoras, ou con idea de promover proxectos de carácter social ou empresarial,
etc.).
Nas xornadas
explicarase a EDLP e aclararanse todas as dúbidas relativas ao programa de
axudas que xestiona o Grupo.
As xornadas
terán unha duración estimada de 1 hora e media.
A orde do
día será:
Tempo
|
Acción
|
Media hora
antes do evento
|
Recepción
e inscrición de persoas asistentes
|
10 minutos
(inicio de evento)
|
Presentación
das xornadas
|
20 minutos
|
Presentación
gráfica da EDLP
|
10 minutos
|
Presentación
de experiencias
|
45 minutos
|
Charla
coloquio
|
5 minutos
|
Avaliación
da xornada e peche
|
Tamén
xuntamos enlaces para Estratexia, procedementos, modelos de memoria:
Comentarios
Publicar un comentario