FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP GOLFO ÁRTABRO SUR
O GALP Golfo Ártabro Sur convida o vindeiro xoves 15 de novembro ás
empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos
territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta
dos Faros.
Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a
tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do
territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.
Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos
fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha
sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o
cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/FamTripGolfoArtabroSur
Para facilitar a participación disporase de transporte público que sairá
dende os seguintes puntos:
- Concello de Narón (porta do Concello da estrada de Castela)
- Estación de tren de Ferrol (porta da estación de autobuses)
- Estación de autobuses de A Coruña (porta da estación, xunto ao aparcamento)
- Concello de Sada (nos edificios administrativos, Av. da Mariña 25)

O evento contará con visitas ao barrio de Fontán, ao Castelo de Santa Cruz,
ao Aquarium Finisterrae e á Torre de Hércules.
Comentarios
Publicar un comentario