A Casa do Mar acollerá o primeiro encontro para definir a asociación de 'Mulleres do Mar'



O GALP Golfo Ártabro Sur celebrará o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 17:30 horas no salón de actos da Casa  do Mar do  Concello da Coruña (rúa Ramón e Cajal, 2) o primeiro encontro para definir a asociación de ‘Mulleres do mar’.

Tras as presentacións levadas a cabo na Coruña e Sada agora é a quenda de reunirse coas mulleres que se interesaron para crear a primeira asociación que represente ás mulleres dedicas ao sector pesqueiro na comarca para definir as liñas da entidade.

Este encontro participativo está aberto a todas aquelas mulleres con intereses e coñecementos sobre o sector, co obxectivo de que poidan achegar e enriquecer o deseño dunha entidade que represente ás mulleres profesionais vinculadas profesionalmente co mar na nosa comarca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección