Xornada para o aproveitamento cultural do patrimonio subacuático
Mañá, xoves 29 de novembro, o Grupo de Acción Local do
Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur organiza a xornada formativa:
“Aproveitamento Cultural do Patrimonio Subacuático Galego e
Costeiro Asociado”.
Está dirixida a empresas náuticas e turísticas da nosa
contorna e celebrarase ás 17 horas nas instalacións do GALP, na Av. do Porto,
21-Baixo.
Os naufraxios ocurridos neste litoral son unha oportunidade
de dinamización do territorio costeiro fronte ao que descansan.
No evento demostrarase a oportunidade de conectar o
patrimonio co desenvolvemento turístico sostible e o emprendemento de
particulares, asociacións e empresas da zona ó redor de recursos endóxenos e
orixinais. Ademais, explicaranse as oportunidades de establecer líñas de
colaboración con outras entidades especializadas ó redor dun proxecto
común.
Por outra banda, presentarase a iniciativa de crear un
Itinerario Cultural Europeo baseado nos naufraxios, de maneira que cada pecio
sexa un eixo de relación cos países vinculados.
Comentarios
Publicar un comentario