O GALP Golfo Ártabro Sur presentouse en FITUR como destino sostible dentro da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
O GALP
Golfo Ártabro Sur presentouse en FITUR (Feira Internacional de Turismo) como destino
sostible dentro da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e
Terras do Mandeo”. Dita presentación foi levada a cabo por José Garrote,
secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, e tratou sobre o turismo mariñeiro e o
patrimonio costeiro vinculado ao territorio.
O destino
“Mariñas Coruñesas”, declarado como Reserva de Biosfera pola UNESCO no
ano 2013, é o claro exemplo de como apoiando ao sector agroalimentario se pode
implicar á comunidade local e ao sector turístico, e como o produto local pode
ser un elemento clave de desenvolvemento socioeconómico sostible. Por iso, dende
o GALP Golfo Ártabro Sur, estase dando a coñecer o xeodestino en FITUR, para
realzar todo o potencial da zona. Ademais estanse a realizar proxectos para
fomentar o turismo mariñeiro e sostible como, por exemplo, o programa EMPREAMAR, un programa formativo que busca xerar riqueza nas
áreas costeiras fomentando a posta en marcha de negocios sostibles e rentables.
Como
comentaba José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, na presentación
“é fundamental a revalorización e impulso da actividade pesqueira e
marisqueira local como atractivo turístico, permitindo ademais o mantemento da
frota artesanal e a continuación das capturas dentro dos parámetros de
selectividade, variedade e sustentabilidade que ata o de agora se mantiveron.
Todo iso, constitúe unha ferramenta indispensable a conservar e consentir para
desenvolver un produto de ecoturismo de calidade. Posicionar o noso destino de “Mariñas Coruñesas” no
ámbito do turismo mariñeiro é fundamental, xunto ao agroturismo de interior, e
todo iso, baixo o paraugas dun modelo de Ecoturismo para o territorio, sendo o
primeiro Destino de Ecoturismo de Galicia certificado no Club de Ecoturismo de
España.”
Comentarios
Publicar un comentario