A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur aproba o Plan de Difusión 2020
A Xunta Directiva do
GALP Golfo Ártabro Sur aprobou o Plan de Difusión 2020 que consta de 10 accións
cuxo principal obxectivo é dar a coñecer o GALP Golfo Ártabro Sur, o seu
programa de axudas e a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo
(EDLP) á poboación do territorio, as accións propostas para esta anualidade son
as seguintes:
·
Na procura dunha mellora da comunicación interna e externa,
contratarase un gabinete de prensa para realizar una comunicación máis áxil,
integrada e accesible para todos os públicos, adecuaranse ademais ás novas
tecnoloxías para poder chegar a cada recuncho do noso territorio e a todos os
niveis, ate aos mais novos emprendedores.
·
Para conseguir unha maior representación da muller no sector pesqueiro
continuarase promovendo a asociación de mulleres do mar MULLER MAR (AMUMAR),
xunto á que se coordinarán unha serie de actividades dirixidas a colexios e
institutos orientadas a que os alumnos e alumnas coñezan o importante traballo
que estas mulleres realizan e animalos a seguir os seus pasos, para conseguir o
tan ansiado relevo xeracional.
·
Na búsqueda de seguir traballando pola inclusión social e laboral das
persoas con diversidade funcional continuarase con proxectos inclusivos, de
economía azul, de cooperación e integración. Para isto, realizaranse unhas
xornadas e actividades nas que persoas e entidades deste colectivo poidan
coñecer o mundo do mar, a importancia do sector marítimo no territorio e abrir
unha porta para poder formar e acoller no sector a persoas con diversidade
funcional.
·
Viaxes de estudo, pois son de vital importancia xa que deles obtivéronse
multitude de ideas para novos proxectos, conseguindo poder ver as oportunidades
que nos ofrece o noso territorio que aínda non se tiveron en conta e que, pola
contra, noutros territorios están proporcionando actividades que produce un
crecemento local considerable.
·
Durante o 2019, levouse a cabo un traballo moi importante dende o GALP
Golfo Ártabro Sur para inmortalizar e dar a coñecer o patrimonio material e
inmaterial do noso territorio. Para isto, realizouse un roteiro
interpretado que foi todo un éxito, pois logrouse xuntar e facer traballar en
común a xente de todas as idades, dende os 3 anos ata os 90, algo moi valioso
pola creación de vínculos que supón, a transmisión de coñecementos, anécdotas,
valores, tradición, cultura e ensinanzas. O que leva a volver a realizar a
actividade, renovada e mais activa se cabe.
·
Ademais do anteriormente descrito, realizaranse actividades para a valorización
do medio mariño, tanto de forma medioambiental, traballando coa asociación
Mar de Fábula no V Encontro Internacional de Crebeiros, buscando unha
oportunidade para o medio mariño, limpando e concienciando do lixo mariño; como
de forma social e cultural, traballando con asociacións como Patexeiros na súa
loita pola preservación do patrimonio mariñeiro, dos oficios como carpinteiro
de ribeira e das embarcacións tradicionais.
·
Outra das liñas que se van a traballar será a relación coa Reserva da
Biosfera e os centros de investigación relacionados co mundo do mar como
son Instituto Español de Oceanografía e Campus do Mar da Coruña, a través de
actividades divulgativas dos traballos que estas realizan. Conmemorando o Día
dos Océanos e traballando para que se coñezan e valoren o mar e os seus produtos.
·
Tamén se busca promover, a través do I+D+i, novas actividades
empresariais relacionas co desenvolvemento azul e a cooperación intersectorial
que poidan proporcionar novos proxectos, resaltando o nexo de unión que hai
entre a innovación e a saúde. Para isto, búscase traer ao territorio todos
aqueles promotores de proxectos innovadores do resto dos GALP españois e da UE
para ensinar de primeira man que o mundo do mar está vivo e cheo de
oportunidades. Con isto, os potenciais promotores poderán preguntar todas e
cada unha das dúbidas ou inquietudes e ver como poder enfocar o seu proxecto
para alcanzar o éxito.
·
Ademais, dende o GALP Golfo Ártabro Sur vese importante a tarefa de dar a
coñecer os cambios realizados na estratexia (EDLP), para que novos
emprendedores tomen o GALP como nexo de referencia para poder comezar cos seus
proxectos. E poidan impulsar as súas ideas dando ao mundo do mar unha
oportunidade e avivando o desenrolo das zonas costeiras.
Comentarios
Publicar un comentario