O Concello de Sada ofrece un programa formativo para fomentar a posta en marcha de negocios que xeren riqueza nas áreas costeiras
A mañá do xoves 30 de xaneiro na lonxa do porto de Sada presentouse na
lonxa do Porto de Sada EMPREAMAR, un programa formativo, que conta
coa financiación do GALP Golfo Ártabro Sur, orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños do territorio do GALP
Golfo Ártabro Sur, especificamente no entorno do Concello de Sada.
Esta presentación foi levada
a cabo polo presidente do GALP Golfo Ártabro Sur Alberto L. Castro García e o
alcalde de Sada Benito Portela Fernández, que comentaron a importancia do crecemento
local e o desenrolo do mundo do mar que poden producir estes novos emprendedores.
Ademais tamén resaltaron a importancia e urxencia que ten o relevo xeracional
no sector pesqueiro.
Comentarios
Publicar un comentario