Máis de 1.600.000 euros concedidos en axudas entre 2017 e 2019 por parte do GALP Golfo Ártabro Sur
Durante os
últimos meses o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur estivo
a realizar a súa Avaliación Intermedia, cuxo obxectivo foi o de realizar
unha análise de tódalas accións levadas a cabo ata metade do período de
execución do programa de axudas actuais para, deste xeito, coñecer o alcance da
Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) que é o libro de ruta
do grupo e así poder tomar as decisións ou modificacións oportunas para un
maior aproveitamento das accións desenroladas.
A partires desta
información procurouse comprender as problemáticas e logros acadados e , así, establecer
as medidas necesarias que contribúan a potenciar o seu impacto positivo no
desenvolvemento do territorio e continuar o curso de acción para o resto da
execución da EDLP.
A presentación
pública dos resultados realizouse no salón de actos de La Fábrica (Perillo) o
venres 14 de febreiro, onde tamén se fixo unha presentación por parte da equipa
técnica do grupo coa finalidade de informar sobre como presentar os proxectos e
a documentación para a convocatoria de 2020, que cerrou con uns resultados
fantásticos, así como responder a todas as dúbidas que xurdan aos
promotores e demais asistentes.
O GALP Golfo
Ártabro Sur, chegou a esa data con uns resultados do 74% do orzamento destinado
a axudas, máis de 11 novos empregos vencellados ao sector, ata 32 postos de
traballo consolidados, 17 novas empresas ao abeiro do programa de axudas, 3
proxectos adicados á redución da pegada de carbono ou ata 8 accións e
actividades de animación e dinamización do GALP e máis de 100 persoas
beneficiarias.
Comentarios
Publicar un comentario