Un proxecto financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, candidato a premio de boas prácticas de economía azul
Para reforzar a
visibilidade do traballo que están a desenvolver os Grupos de Acción Local do
Sector Pesqueiro (GALP) no período de programación 2014-2020 do Fondo Europeo
Marítimo e de Pesca (FEMP), a Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) elaborou
un catálogo de boas prácticas no ámbito do Desenvolvemento Local Participativo
(DLP) correspondente a proxectos aprobados nas convocatorias 2017-2018.
Que entendemos
por “boa práctica”? Un proxecto ou iniciativa que cumpre os seguintes
requisitos:
·
Ten un impacto positivo observable no seu ámbito de actuación
·
É sostible dende un punto de vista ambiental, económico e
social
·
É sensible a colectivos desfavorecidos (mulleres, xóvenes,
discapacitados, etc.)
·
É transferible, replicable e adaptable a outras iniciativas
contextos e lugares.
·
Ten carácter innovador e aporta emprendemento
·
É o resultado dun proceso participativo
·
É perdurable no tempo
·
Xerou, ou pode xerar, novos empregos
O proxecto “Climatización
Lonja – Eficiencia energética”, do GALP Golfo Ártabro Sur, candidato a premio
de boas prácticas de economía azul para esta convocatoria, nace da
necesidade do sector de volverse máis competitivo e de modernizar as súas
instalacións, para estar dentro das premisas de eficiencia e crecemento azul.
O proxecto consiste,
fundamentalmente, na modernización das instalacións lumínicas da lonxa da
Coruña a través de tecnoloxía LED, que garante máis de 6 anos de durabilidade e
permite unha importante mellora da eficiencia enerxética.
Con esta modificación na
iluminación da lonxa, afórranse miles de KW de consumo eléctrico que axudan a
mellorar a competitividade no sector e a posibilidade de manter o emprego.
Ademais, déixanse de emitir á atmosfera unha parte das emisións contaminantes,
o que provoca unha redución da pegada de carbono. Non podemos esquecer
que a pesca é o noso foco principal e, con ela, os mares e os océanos a onde van
a parar moitos dos contaminantes destas emisións. Con esta redución, buscamos
que os nosos mares estean máis limpos e que os nosos pescadores, mariscadores e
outros axentes que viven del teñan un porvir máis próspero e unha substitución
xeracional no sector cos ollos postos en coidar o que nos dá de comer: o medio
natural.
A contribución deste
proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese
reflectida nos seguintes puntos:
·
Aborda a problemática da redución da marca do carbono e o incremento da
eficiencia enerxética
·
Incide na mitigación e adaptación ao cambio climático e transición a unha
economía de baixas emisións de carbono
·
Soluciona os problemas derivados da gran demanda enerxética actual e da
dependencia excesiva de combustibles fósiles
·
Impulsa modelos de produción e consumo máis sostibles, que permiten
contribuír ao xa citado cambio climático
·
Contribúe á redución do impacto ambiental
·
Elévase como exemplo a seguir para outras lonxas e abre camiño á
modernización e acondicionamento para ser mais respectuosos co medio natural
Os resultados obtidos
son mesmo mellor do esperado: dado a eficiencia dos equipos instalados,
redúcese a potencia consumida en máis dun 50%.
Comentarios
Publicar un comentario