Charla sobre o mar no CPI Luis Seoane de Oleiros

Con rapaces de 1º e 2º de primaria que, de recordo, levaron o cangrexo de peluche do GALP Golfo Ártabro Sur e a unidade didáctica "Un mar de ilusións" para reforzar os coñecementos aprendidos

 


O pasado 16 de xuño, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur e o xerente de ACERGA achegámonos ao CPI Luis Seoane de Oleiros para falar do mar, da pesca e da xente que vive desta actividade.
 

Foron dúas charlas moi animadas nas que lles falamos da importancia deste ecosistema nas nosas vidas e como podemos, e debemos, coidalo. Abordamos temas como a diferencia entre mares e océanos, os tipo de peixes e as súas principais características, as artes de pesca máis habituais neste litorial ou a necesidade de que o mar estea limpo de lixo para que poidan vivir en boas condicións. 

Desde a directiva do GALP Golfo Ártabro Sur estamos moi agradecidos pola excelente acollida dos rapaces e o equipo de mestres. De recordo, o alumnado levou un dos nosos cangrexos de peluche e para seguir aprendendo e reforzando coñecementos na casa, a unidade didáctica "Un mar de ilusións".

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024