Asistencia ao pleno da REGP en Burela para decidir o futuro do FEMPA

 “Relevo2”, o proxecto de fomento do relevo xeracional recibiu o recoñecemento de boas prácticas

 



Os pasados 14 e 15 de xuño, representantes da xunta directiva do GALP Golfo Ártabro Sur asistiron en Burela, xunto co resto de GALP galegos, á VII Sesión Plenaria da Red Española de Grupos De Pesca (REGP) “Diseñando el futuro del desarrollo local participativo”. Durante a sesión, sentáronse as bases que marcarán o reparto das subvencións que xestionamos de aquí ata 2027, o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). 

Na xornada inaugura, a conselleira do Mar, Rosa Quintana salientou o gran labor realizado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia desde a súa creación, “o que os converte en referentes para toda Europa”, destacou. Desde 2016, os oito GALP da comunidade desenvolveron máis de 660 proxectos que supuxeron unha actividade económica de máis de 230 millóns de euros, preto dun 0,4% do produto interior bruto (PIB) de Galicia. 

Recoñecemento

Na segunda xornada da xuntaza tivo lugar, entre outros eventos, a entrega dos recoñecementos aos proxectos de boas prácticas ao proxecto de fomento do relevo xeracional “Relevo 2”, impulsado polos GALP A Mariña-Ortegal, Costa Sostible, Golfo Ártabro Norte e Golfo Ártabro Sur.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024