A Comisión Europea aprobou o programa español do FEMPA 2021-2027

 O programa operativo para os sectores da pesca, a acuicultura, a transformación e a comercialización está dotado con 1.120,44M€.



A principios de mes recibimos unha nova moi importante para o sector mar-pesca. A Comisión Europea aprobou o programa español do FEMPA (Fondo Europeo, Marítimo da Pesca e da Acuicultura) 2021-2027. Da prioridade 3 dependen as EDLP, as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo que rexen a actividade dos GALP.

O programa está dotado con 6.108M€ en axudas para os sectores da pesca, a acuicultura, a transformación e a comercialización. Desta cantidade, máis de 1.120,44M€ corresponden a España, o primeiro país perceptor do FEMPA, cun 21,1% do orzamento do fondo en xestión compartida.

A sostibilidade será o eixo fundamental para calquera tipo actuación que se financie a través do FEMPA. De feito, como sinalou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, o programa operativo español desenvolveuse no marco das estratexias capitais para Europa coma o Pacto Verde Europeo, a Política Pesqueira Común, os obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e a política marítima da Unión Europea

En xeral, as actuacións están encamiñadas a manter a viabilidade da actividade pesqueira, mediante a xestión sostible e a conservación dos ecosistemas mariños, o fomento dunha acuicultura sostible e competitiva, a modernización e dinamización da cadea de valor, o impulso da economía azul e o desenvolvemento das comunidades locais pesqueiras e acuícolas.

 

 

Podedes ler aquí a noticia na web do MAPA > https://www.mapa.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/la-comisi%C3%B3n-europea-aprueba-el-programa-espa%C3%B1ol-del-fempa-dotado-con-1.120-millones-de-euros-/tcm:30-636907

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024