O GALP Golfo Ártabro Sur reforza as súas capacidades en contratación pública e xestión de axudas FEMPA



O GALP Golfo Ártabro Sur participou o pasado martes, 11 de novembro, na xornada formativa organizada pola Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) baixo o título "Contratación pública dirixida aos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro".

A sesión, dirixida a membros dos Grupos de Acción Local de Pesquera (GALP), centrouse na transferencia de coñecemento e no fortalecemento das capacidades de xestión no ámbito da contratación pública. Ademais, contou cun espazo dedicado ao diálogo coa Autoridade de Xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para resolver dúbidas e afondar nas posibilidades que ofrecen estas axudas.

A participación nesta xornada permite ao GALP Golfo Ártabro Sur mellorar os seus procedementos administrativos e optimizar o apoio a proxectos que fomenten o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras, un dos piares fundamentais da súa acción no territorio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección