Entradas

Xornada para o aproveitamento cultural do patrimonio subacuático

Imagen
  Mañá, xoves 29 de novembro, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur organiza a xornada formativa: “Aproveitamento Cultural do Patrimonio Subacuático Galego e Costeiro Asociado”. Está dirixida a empresas náuticas e turísticas da nosa contorna e celebrarase ás 17 horas nas instalacións do GALP, na Av. do Porto, 21-Baixo. Os naufraxios ocurridos neste litoral son unha oportunidade de dinamización do territorio costeiro fronte ao que descansan. No evento demostrarase a oportunidade de conectar o patrimonio co desenvolvemento turístico sostible e o emprendemento de particulares, asociacións e empresas da zona ó redor de recursos endóxenos e orixinais. Ademais, explicaranse as oportunidades de establecer líñas de colaboración con  outras entidades especializadas ó redor dun proxecto común.  Por outra banda, presentarase a iniciativa de crear un Itinerario Cultural Europeo baseado nos naufraxios, de maneira que cada pecio sexa un...

A Casa do Mar acollerá o primeiro encontro para definir a asociación de 'Mulleres do Mar'

O GALP Golfo Ártabro Sur celebrará o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 17:30 horas no salón de actos da Casa  do Mar do  Concello da Coruña (rúa Ramón e Cajal, 2) o primeiro encontro para definir a asociación de ‘Mulleres do mar’. Tras as presentacións levadas a cabo na Coruña e Sada agora é a quenda de reunirse coas mulleres que se interesaron para crear a primeira asociación que represente ás mulleres dedicas ao sector pesqueiro na comarca para definir as liñas da entidade. Este encontro participativo está aberto a todas aquelas mulleres con intereses e coñecementos sobre o sector, co obxectivo de que poidan achegar e enriquecer o deseño dunha entidade que represente ás mulleres profesionais vinculadas profesionalmente co mar na nosa comarca.

Fomentando os recursos turísticos da comarca na xornada organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Máis dunha decena de persoas participaron hoxe, xoves 15 de novembro, nunha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros que se atopan nos concellos do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. A través desta acción, coñecida como ‘FamTrip’, os participantes foron recollidos no Concello de Narón, na estación de tren de Ferrol, na de autobuses da Coruña e no Concello de Sada. A primeira parada tivo lugar no barrio mariñeiro de Fontán para viaxar desde alí ata o Castelo de Santa Cruz, onde se levou a cabo unha xornada de traballo. En Santa Cruz explicouse con maior grao de detalle os contidos da Ruta dos Faros, levouse a cabo unha xornada de networking na que se empregou unha novidosa técnica que facilitará ás empresas emprender novas alternativas de colaboración e, para rematar, houbo unha degustación dun pincho de inspiración mariñeira. Despois foi a quenda das visitas, nas que os participantes coñeceron a fondo o Castelo de Santa C...

FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP GOLFO ÁRTABRO SUR

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur convida o vindeiro xoves 15 de novembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros. Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros. Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/FamTripGolfoArtabroSur Para facilitar a participación disporase de transporte público que sairá dende os seguintes puntos: - Concello de Narón (porta do Concello da estrada de Castela) - ...

Xornadas: "Un Mar de Vida para a Cidadanía"

Imagen

O proxecto 'Mar de Velas' chega á súa segunda fase

Imagen
O próximo luns, 29 de outubro, os GALP promotores do proxecto 'Mar de Velas' (GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Golfo Ártabro-Sur) están convocados ás 17 horas na marina de Combarro para levar a cabo un taller participativo correspondente á segunda fase deste programa: modelo de xestión dunha mariña tradicional. 'Mar de Velas' é un proxecto de cooperación interterritorial subvencionado pola Consellería do Mar para a elaboración dun plan estratéxico a través do que obter un modelo de xestión de mariñas nas que albergar as embarcacións tradicionais que temos en Galicia. Trátase de buscar un modelo a través do que garantir a súa conservación, protección e a posta en valor deste elemento de gran valor cultural e de suma importancia para o patrimonio marítimo galego. Así mesmo, a creación destas mariñas tradicionais daría lugar ao nacemento dunha rede de mariñas e navegación tradicional. A primeira fase do proxecto, referente a...

Notas de prensa de La Opinión de A Coruña

Imagen
Romper techos de cristal en el mar El GALP impulsa la creación de una asociación de mujeres para paliar su baja representación en los órganos de control del sector pesquero A. P. | A Coruña  13.10.2018 | 01:45 Dos percebeiras en una imagen de archivo.   josé lores El Grupo de Acción Local de Pesca Golfo Ártabro Sur ha puesto en marcha el programa  Mulleres do Mar , con el que pretende paliar la baja presencia femenina en los órganos de control del sector pesquero. El GALP se marca como objetivo la creación de una asociación que aglutine a las mujeres que trabajan en el sector y que funcione como revulsivo para combatir la baja representación en los org anismos. Desde el Grupo de Acción Local explican que actualmente no existe en A Coruña y su comarca ningún colectivo que represente a las mujeres y que los grupos que controlan los asuntos del sector pesquero están dirigidos y compuestos mayoritariamente por hombres. El proyecto...

O GALP GOLFO ÁRTABRO SUR PRESENTA O PROXECTO “MULLERES DO MAR”

Imagen
Desde o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur impúlsase este proxecto que ten como obxectivo principal incentivar, visibilizar e empoderar ás mulleres que traballan no sector do mar. Para acadar este obxectivo, a Xunta Directiva do GALP acordou, en reunión celebrada o 27 de abril de 2018, promover unha Asociación de Mulleres do Mar para que poidan organizarse e constituír unha asociación aberta a todas as mulleres vinculadas profesionalmente co mar. Co fin de expor en detalle os fins e obxectivos deste proxecto, así como o calendario previsto de accións a desenvolver, realizaranse tres presentacións públicas que terán lugar a próxima semana en Oleiros, A Coruña e Sada. Para garantir unha ampla participación dos diversos axentes sociais e institucionais vinculados cos sectores do mar presentes no territorio, agradecemos se faga difunda esta información entre o tecido asociativo, empresarial e á cidadanía que poida estar interesada. En con...

XORNADA FREMSS SOBRE REVISIÓN REGULAMENO DE CONTROL DE INTERESE PARA O SECTOR PESQUEIRO

Imagen
Xornada de Revisión de Regulamento de Control Organizada pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social Sabado 6 de Outubro no Salón de Actos da Lonxa de A Coruña, de Interese para o Sector Pesqueiro.

O Proxecto Mar de Velas segue avanzando de cara ao deseño dunha Rede de Mariñas Tradicionais en Galicia

Imagen
·          Un Taller Participativo reunirá este xoves aos grupos GALP e aos colectivos implicados no proxecto, para validar a información recollida en campo. O proxecto Mar de Velas, que comezou a finais do mes de xullo, avanza de cara ao deseño dun plan estratéxico que permita, a través do deseño dun Modelo de Xestión de Mariña Tradicional, dar resposta aos principais retos que afronta a conservación e posta en valor do patrimonio ligado ao mundo das embarcacións tradicionais. O proxecto atópase na súa primeira fase, na que está a elaborar unha diagnose da situación que funcionará como punto de partida para o deseño dun modelo de xestión dunha Rede de Mariñas Tradicionais en Galicia. A diagnose estase a elaborar dende o punto de vista dos propios colectivos implicados, os cales están sendo entrevistados de forma individualizada para coñecer a diversidade xeográfica que existe, pero tamén estase a recoller a información de todos os demais ...