Entradas

Encontro coa Consellería do Mar e os GALP galegos para avanzar no futuro do sector pesqueiro

Imagen
O pasado 5 de setembro, mantivemos reunión cos representantes dos GALP galegos e a Consellería do Mar. O encontro estivo presidido polo conselleiro Alfonso Villares, acompañado da secretaria xeral técnica da Consellería, Marta Barreiro, e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde. Durante a xuntanza, presentaronse os proxectos actuais e futuros dos GALPS, subliñando a importancia de continuar apoiando iniciativas innovadoras no ámbito da pesca e o marisqueo. O sector pesqueiro é fundamental para Galicia, non só como fonte de emprego e riqueza, senón tamén como garante dun modelo sostible que protexe os recursos mariños. Ademais de expoñer os avances realizados no marco do programa de desenvolvemento local no ámbito pesqueiro, tratáronse temas clave relacionados coas estratexias para mellorar a competitividade do sector e as súas infraestruturas. O conselleiro destacou a importancia de que todas as iniciativas se adapten ás necesidades actuais do sector, garantin...

Publicación Listado Provisional Admitidos do proceso selectivo para puesto Técnico Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Publícacion:  30/09/2024 Publicase o listado de Provisional de persoas candidatas ao posto de persoal Técnico do GALP Golfo Ártabro Sur. Listado provisional de persoas candidatas aquí Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles (de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación. De non recibirse ningunha alegación ao respecto, darase por definitiva a presente lista, continuando co proceso de selección.  

Publicación Listado Provisional Admitidos e Subsanacións proceso selectivo para puesto Técnico Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
Publicación:  26/09/2024  Públicase o listado de candidaturas admitidas e subsanación no proceso de selección de persoal técnico do GALP Golfo Ártabro Sur. Darase un prazo de 2 días a partir data de publicación, para presentar a subsanación da documentación. Listado de candidaturas admitidas e subsanacións persoal técnico máis información aquí. GALP Golfo Ártabro Sur G M T Detectar idioma Afrikáans Albanés Alemán Árabe Armenio Azerí Bengalí Bielorruso Birmano Bosnio Búlgaro Canarés Catalán Cebuano Checo Chichewa Chino (Simp) Chino (Trad) Cincalés Coreano Criollo haitiano Croata Danés Eslovaco Esloveno Español Esperanto Estonio Euskera Finlandés Francés Galés Gallego Georgiano Griego Gujarati Hausa Hebreo Hindi Hmong Holandés Húngaro Igbo Indonesio Inglés Irlandés Islandés Italiano Japonés Javanés Jemer Kazajo Lao Latín Letón Lituano Macedonio Malayalam Malayo Malgache Maltés Maorí Maratí Mongol Nepalí Noruego Persa Polaco Portugués Punjabí Rumano Ruso Serbio Sesoto Somalí...

20 DE SETEMBRO ÁS 14:00 DATA LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PRÁZA DE PERSOAL TÉCNICO DO GALP GOLFO ÁRTABRO SUR

Imagen
   DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O VENRES 20 DE SETEMBRO 2024 ÁS 14:00 Públicase as bases para contratación de persoal técnico para o GALP Golfo Ártabro Sur. Acordo  de Xunta Directiva de 19 de Agosto de 2024. Datas de publicación 28 de agosto ao 17 de setembro de 2024 Bases de Contratación Temario   ANEXO III – Temario para a proba escrita (Proba 2ª) 1. Estatutos da asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. 2. Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación “Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur” para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. 3. Estratexia do Desenvolvemento Local da Zona Pesqueira do Golfo Ártabro Sur 2023-2027. 4. Programa Operativo para España do FEMPA (Programa SFC2021 para el FEMPA), aprobado por decisión da Comisión de...

Presentación da terceira edición do roteiro Son do Mar na sede do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Presentouse onte ás 11:00 horas na sede do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR, a terceira edición de SON DO MAR. Na rolda de prensa estiveron presentes o Presidente do GALP, don Alberto García Castro e o director do roteiro teatralizado Afonso García Penas, de Alentía Teatro. O sábado, día 21 deste mes de setembro, chega SON DO MAR III á Coruña. Organizado polo GALP GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR e realizado por Alentía Teatro. Este evento comezará ás 9:30 horas na Praza do Humor – Mercado de San Agustín. Haberá alí un posto informativo. SON DO MAR é un roteiro teatral que mergulla na memoria d ́A Coruña de mediados do século pasado, na lembranza de homes e mulleres que viviron os avatares do mar, o que ofrecía e o que engulía, a mantenza e a traxedia levadas en común; que foron capaces de enfrontar a existencia con valentía e enxeño; que nos ensinaron a valernos do mar e no mar. A partir das 09:30, dende a Praza do Humor ...

Inscríbete no Roteiro Teatralizado "Son do Mar III"

Imagen
 Foto: Francisco Pillado González 📣📣 ¡¡¡ Participa en Son do Mar III !!! Inscríbete no noso Roteiro teatralizado que nesta anualidade amosa o pasado vencellado ao mar da cidade de A Coruña.  📅  O sábado 21 de setembro ás 9.30h  🕤 Ás 9.30h no mercado de San Agustín ( A Coruña) 🖊️ Inscríbete no QR ou AQUÍ   Comenzando no mercado de San Agustín, percorreremos os puntos máis singulares vencellados ao mar para finalizar na Lonxa da Coruña. Neste percorrido adentraremonos no pasado da cidade mediante recreacións teatrais baseadas nos anos 50 e 60. Non o podes perder!! Prazas limitadas. Colaboran: Concello de A Coruña, Autoridad Portuaria Porto de A Coruña, Lonja de A Coruña, ACERGA G M T Detectar idioma Afrikáans Albanés Alemán Árabe Armenio Azerí Bengalí Bielorruso Birmano Bosnio Búlgaro Canarés Catalán Cebuano Checo Chichewa Chino (Simp) Chino (Trad) Cincalés Coreano Criollo haitiano Croata Danés Eslovaco Esloveno Español Esperanto Estonio Euskera Finlandés Fra...

Públicase as bases para contratación de persoal técnico para o GALP Golfo Ártabro Sur.

Imagen
Públicase as bases para contratación de persoal técnico para o GALP Golfo Ártabro Sur. Acordo  de Xunta Directiva de 19 de Agosto de 2024. Datas de publicación 28 de agosto ao 17 de setembro de 2024 Bases de Contratación Temario   ANEXO III – Temario para a proba escrita (Proba 2ª) 1. Estatutos da asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. 2. Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación “Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur” para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. 3. Estratexia do Desenvolvemento Local da Zona Pesqueira do Golfo Ártabro Sur 2023-2027. 4. Programa Operativo para España do FEMPA (Programa SFC2021 para el FEMPA), aprobado por decisión da Comisión de 29 de novembro de 2022 C(2022) 8732. 5. Criterios de selección para a concesión de axudas n...

Xa temos gañador do concurso de fotografía “Ollando cara ao mar II”

Imagen
O concurso online de fotografía “Ollando cara ao Mar”, que realiza o GALP cada verán, este ano 2024 ten como gañador a Daniel Díaz Grandío coa súa fotografía “Costa de Oleiros dende Eirís con amencer de nubes”.  Dende o grupo anunciamos con estusiasmo que un ano máis o concurso “Ollando cara ao Mar” tivo unha participación moi importante, e deixounos maravillosas olladas cara ao mar, que foron expostas nas nosas redes sociais.  Dende o GALP Golfo Ártabro Sur felicitamos a Daniel Díaz pola súa impresionante instantánea e farémoslle entrega dunha estancia espectacular nas Cabanas de Canide (Proxecto subvencionado dende o GALP golfo Ártabro Sur). Do mesmo xeito, queremos agradecer a todos aqueles participantes no roteiro, por compartir as vosas incribles olladas. E esperamos poder contar coa vosa participación na vindeira anualidade e seguir atesourando olladas cara o noso mar. “Ollando cara ao mar II” Dende o 25 de xullo, aproveitando a proximidade do día de Galicia, O GALP Golf...

Concesión de Axudas GALP 2024: avances e oportunidades para o desenvolvemento sostible

Imagen
O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur anunciou a avaliación exitosa coa concesión do 75% dos proxectos presentados na convocatoria de axudas para o ano 2024. A valoración positiva dos proxectos resulta nunha importante inversión total de 1,4 millóns de euros. Esta iniciativa subliña o compromiso co desenvolvemento sostible e a mellora continua no sector pesqueiro. A maioría dos proxectos foron aprobados pola Consellería do Mar, evidenciando o forte apoio institucional á dinamización do territorio e ao fortalecemento das conexións co mar. Dos proxectos aprobados, un significativo número céntrase en mellorar a trazabilidade, a calidade e o valor engadido dos produtos do mar, así como en optimizar as instalacións e as condicións de traballo. Este compromiso reflicte a intención de reforzar a sustentabilidade e a responsabili dade no uso dos recursos mariños. A revisión técnica e a valoración da directiva do GALP Golfo Ártabro Sur resultaron nunha alta taxa d...

Actividades de Sensibilización e Valorización no Golfo Ártabro Sur – Mar de Mares

Imagen
O proxecto "Mar de Mares" pretende resaltar a riqueza do océano e concienciar sobre os desafíos que afronta este esencial ecosistema. A través do Festival Mar de Mares, combínanse diversas disciplinas como arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendemento para crear unha plataforma integral en apoio ao mar. A continuación, detalhamos as actividades desenvolvidas dentro deste proxecto: Exposición Fotográfica de Mandy Barker Mandy Barker, unha das fotógrafas máis destacadas na actualidade, presentou a súa serie “Sopa de plástico” en espazos públicos de Sada e Oleiros. Esta exposición fotográfica, centrada na problemática da contaminación por plásticos nos océanos, captou a atención de numerosos visitantes. As imaxes, que destacan a presenza de residuos plásticos no mar, son utilizadas para sensibilizar ao público sobre a importancia de reducir a contaminación marina. O carácter estético e impactante das fotografías axuda a transmitir un poderoso mensaxe ...

Festas Patronais de Sada: unha celebración de tradición e festividade

Imagen
Fotografía sacada de Memoria de Sada As Festas Patronais de Sada, que se celebran cada ano do 15 ao 18 de agosto, son un dos eventos máis esperados e destacados no Golfo Ártabro Sur. Fanse en honra aos patróns do municipio - Santa María, San Roque e San Mamede - ofrecen unha completa programación de actividades para todos os públicos ao longo de todo o mes de agosto. O día 18 de agosto, a celebración culmina coa sua tradicional Sardiñada, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento gastronómico, onde se poden degustar deliciosas sardiñas asadas, é seguido por un espectacular lanzamento de fogos artificiais que ilumina o ceo de Sada para pechar as festas. Unha das tradicións que marcou o inicio destas festas foi o desfile de carrozas, tamén coñecido como a “batalla de flores”, que se celebraba o 15 de agosto. Durante esta atracción central, as pandillas locais competían creando elaboradas carrozas decoradas con flores, esforzándose por mostrar a súa creatividade e gaña...

O GALP Gólfo Ártabro Sur impulsou o proxecto “Altavela” para mellorar o turismo náutico no Golfo Ártabro

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur apoiou o proxecto “Altavela”, que consiste na adquisición dunha embarcación de vela de 11 metros de eslora, equipada cunha plataforma de baño ampliada e cun deseño innovador dos timones para facilitar o acceso e mellorar a navegación. Esta embarcación está destinada ao alugueiro e é utilizada para rutas de promoción do turismo náutico e mariñeiro ao longo do ano nas zonas do Golfo Ártabro. O proxecto Altavela ten como obxectivo potenciar o turismo náutico sostible, preservando os valores naturais e a funcionalidade dos ecosistemas costeros, ao tempo que mellora a accesibilidade para persoas con discapacidade, familias e maiores. A embarcación conta cun deseño accesible, cunha bañera máis despexada e unha plataforma de baño ampliada para facilitar o acceso. Ademais, o proxecto busca crear postos de traballo no sector náutico, mellorando o benestar da poboación local e xerando oportunidades de desenvolvemento profesional. Tamén se pretende colaborar na ordenación...

A celebración da Virxe do Carme no Golfo Ártabro Sur: unha tradición de devoción e protección

Imagen
Procesión Virxe do Carme. Fonte: Memoria de Sada Cada 16 de xullo, as rías do Golfo Ártabro Sur vístense de gala para celebrar a procesión marítima en honor á Virxe do Carme. Esta tradición une as localidades de Sada, Mera, Lorbé e A Coruña, facendo que os mares se enchan de emoción e devoción. Na actualidade Celebrase principalmente en Sada e en A Coruña. En Sada, a procesión comezaba tradicionalmente o 18 de agosto, como parte das festas patronais. Con todo, desde os anos 60, a festividade celebrouse o propio 16 de xullo, sempre que coincidise en fin de semana ou no fin de semana máis próximo. A misa solemne celébrase no porto, presidida pola imaxe da Virxe do Carme. Tras a misa e a “Salve marinera”, a imaxe embarca no barco designado para a procesión marítima. Os barcos engalanados seguen a Virxe, tocando as bocinas e formando un espectacular desfile. En Mera e Lorbé, tamén se celebraba esta festa con gran fervor. Os barcos engalanados fan parte fundamental da procesión, que se diri...