O GALP Gólfo Ártabro Sur impulsou o proxecto “Altavela” para mellorar o turismo náutico no Golfo Ártabro



O GALP Golfo Ártabro Sur apoiou o proxecto “Altavela”, que consiste na adquisición dunha embarcación de vela de 11 metros de eslora, equipada cunha plataforma de baño ampliada e cun deseño innovador dos timones para facilitar o acceso e mellorar a navegación. Esta embarcación está destinada ao alugueiro e é utilizada para rutas de promoción do turismo náutico e mariñeiro ao longo do ano nas zonas do Golfo Ártabro.

O proxecto Altavela ten como obxectivo potenciar o turismo náutico sostible, preservando os valores naturais e a funcionalidade dos ecosistemas costeros, ao tempo que mellora a accesibilidade para persoas con discapacidade, familias e maiores. A embarcación conta cun deseño accesible, cunha bañera máis despexada e unha plataforma de baño ampliada para facilitar o acceso.

Ademais, o proxecto busca crear postos de traballo no sector náutico, mellorando o benestar da poboación local e xerando oportunidades de desenvolvemento profesional. Tamén se pretende colaborar na ordenación do territorio e na xestión do seu desenvolvemento para harmonizar o espazo turístico náutico con outros usos turísticos, involucrando empresas da zona para potenciar o valor do mar e do seu entorno.












Entre os resultados esperados están a mellora da accesibilidade aos servizos náuticos, a desestacionalización do sector, un maior aproveitamento dos recursos e instalacións náuticas de Galicia, e unha mellor capacitación do sector turístico con actividades vinculadas ao mar. O proxecto tamén promove unha maior concienciación medioambiental e fomenta a colaboración entre diferentes empresas para crear paquetes turísticos integrados.

Este proxecto representa un paso importante para mellorar a oferta turística e promover un desenvolvemento sostible na nosa costa, reafirmando o compromiso co valor do noso patrimonio natural e cultural.

Ti tamén podes solicitar un proxecto desta tipoloxía. Ponte en contacto con nós!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio