Remata a VIII edición do curso de carpintaría de Ribeira

    Remata a VIII edición do curso de carpintaría de Ribeira


O programa estivo organizado por Os Patexeiros e contou co financiamento do GALP Golfo Ártabro Sur.

O porto de Lorbé, no Concello de Oleiros, acolleu a VIII edición do curso de carpintaría de ribeira organizado por Os Patexeiros e financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur.

Remata a VIII edición do curso de carpintaría de Ribeira_2
O taller celebrouse ao longo dos meses de outubro e novembro e tivo unha duración total de 24 horas.

O alumnado aprendeu a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de táboas ou de embreado, entre outras. 

As persoas participantes puideron poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia, onde realizaron tarefas de reparación da borda do barco e das táboas que se atopaban en mal estado.

A través desta iniciativa o GALP pretende investir na formación dos profesionais do mundo do mar para seguir preservando esta arte tan importante na cultura mariñeira. A iniciativa tamén contou coa colaboración do Concello de Sada e Culturmar.


Comentarios

Entradas populares de este blog

“Non podemos parar de ir ao mar, que comería a xente?”

“Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá con frío e choiva. Pasabamos a vida no peirao, porque como ninguén quería marchar sen peixe, cada vez madrugabamos máis.”

O GALP impulsa o emprego inclusivo e a cultura mariñeira con tres proxectos de cooperación