O GALP Golfo Ártabro Sur levará a pleno os orzamentos e a proposta de actividades de 2018


O GALP Golfo Ártabro Sur celebrará mañá, venres 27 de abril ás 18.00 en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda, a reunión ordinaria da Asemblea Xeral de Socios no salón de plenos do Concello de Sada.  

A orde do día inclúe, entre outros, a aprobación da acta da asemblea do 2017, o informe de presidencia, a memoria económica e de actividades do pasado ano e, por último, os orzamentos, a proposta de actividades, e os proxectos de cooperación e subvencións do 2018.

Unha vez rematada a asemblea, haberá unha acción formativa, ás 19.00 horas, sobre cooperación en base ao patrimonio cultural marítimo e subacuático nas costas do Golfo Ártabro, así como nas oportunidades de dinamización económica a través do patrimonio somerxido e costeiro asociado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024