Roteiro guiado por Bergondo



O Concello de Bergondo e a Asociación ELAS organizan para o día 5 de maio un roteiro guiado titulado 'Banzos de mulleres'. Os participantes realizarán varias paradas representativas por lugares do municipio visibilizando ás mulleres bergondesas en diferentes ámbitos: cultura, emprego, deporte, política, literatura...

A guía será Mercedes Queixas e a ruta comezará ás 10 horas, momento no que o autobús sairá da Senra. Ao remate do camiño e volta ao edificio realizarse unha degustación de produtos interculturais.

O prazo para anotarse estará aberto do 16 ao 27 de abril e a inscrición debe formalizarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección