Oportunidades relacionadas con el mar y el litoral en la Reserva de Biosfera



José Garrote, secretario do Galp, explicará mañá, xoves 5 de abril, as oportunidades relacionadas co mar e co litoral que se presentan na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Será nunha xornada titulada ‘Reservas de Biosfera, Retos e Oportunidades máis alá da conservación’ que se celebrará en Betanzos e que servirá para analizar as liñas de traballo da Reserva.


O acto celebrarase no Salón Azul do Edificio Liceo a partir das 19:30 horas e, a través de diferentes intervencións, expoñeranse as oportunidades para a Reserva de  Biosfera  MCeTM máis aló da conservación do territorio, apostando polo turismo ou a educación ambiental e centrándose na investigación e a innovación.

A presentación correrá a cargo do presidente da Reserva de  Biosfera  MCeTM, José Antonio Santiso Miramontes, e do alcalde do  Concello de Betanzos, Ramón García Vázquez. Entre os relatores estarán, entre outros, o director do  CEIDA, Carlos Vales; o responsable do Centro de  Investigacións Agrarias de Mabegondo, Juan Castro Ínsua; ou o secretario do Consello Científico do Comité Español do programa MaB da UNESCO, Pablo Ramil.

A xornada clausurarase coa presentación do programa de traballo da Reserva de Biosfera de Menorca, que leva implementándose desde hai 25 anos. Encargarase diso o Conseller de Medio Ambiente e Reserva de  Biosfera de Menorca, Javier Ares García ‘ Japi’.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio