Xornada de Emprendemento en Turismo Mariñeiro en Vigo



O vindeiro venres, 4 de maio, o Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acollerá unha xornada técnica de emprendemento en turismo mariñeiro. Este evento é a primeira fase do proxecto 'Mar das Illas Atlánticas' promovido polos tres Grupos de Acción Local Pesqueira de Pontevedra: GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Vigo - A Guarda.

Segundo destacan na súa memoria, este proxecto consiste en 'promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque'.

Nesta primeira sesión tratarase de informar e amosar ao sector pesqueiro o proxecto e os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades dun turismo mariñeiro sostible e de calidade.

Logo, nas seguintes fases do proxecto formarase aos profesionales do mar para a actividade de Guías do Parque Nacional, editaranse guías e manuais e implementarase unha rede de comunicación para dar a coñecer o proxecto.

Podes anotarte para participar nas xornadas a través da seguinte ligazón: http://mardasillas.com/inscriccions-xornada-tecnica-4-de-maio/

Comentarios

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio