"O océano que nos une" chega á lonxa turística de Fisterra





“O océano que nos une", exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), chegará ao concello de Fisterra o xoves 12 de setembro. A inauguración da exhibición terá lugar ese día ás 12:00 horas na sala de exposicións da lonxa turística. As persoas interesadas en asistir poden mandar un mail a info@redrema.eu ou chamar ao 636 111 893.
A exposición estará aberta ao público desde a súa inauguración ata o 22 de setembro todos os días de 16:00 h a 20:00 h.
Para máis información podedes consultar na páxina web da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos https://bit.ly/2jWw9fQ

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024