Fin de semana de ciencia en Cambre o Open Science
·
Un total de 8.000 persoas
visitaron esta feira científica segundo o Concello.
·
A iniciativa contou co financiamento
do Golfo Ártabro Sur.
Esta fin de semana celebrouse en Cambre a Open Science,
unha feira científica organizada polo club de ciencia do instituto local
IES David Buján e o Concello de Cambre. A iniciativa contou co financiamento do
Golfo Ártabro Sur.
Durante a Open Science estudantes de diferentes centros e
clubs de ciencia puideron amosar os seus proxectos nos seus propios stands,
así como gozar das actividades que tiveron lugar ao longo destes dous
días.
Desde o Golfo Ártabro Sur continuamos a impulsar as actividades de difusión científica entre os máis novos, futuro do noso territorio. Tamén agradecemos o interese de todas as persoas que se achegaron a este evento e a todos aqueles alumnos e alumnas que o fixeron posible.
Comentarios
Publicar un comentario