Sada acolle a exposición “Sopa de plástico” co apoio do Golfo Ártabro Sur
Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición
“Sopa de Plástico” da artista británica Mandy Barker. A exhibición atópase no bulevar das Mariñas, no
concello de Sada, e poderá visitarse ata o 20 de outubro.
Esta mostra ten como obxectivo concienciar sobre a
situación na que se atopa o plástico mariño. A artista emprega o lixo atopado no mar para
crear impactantes imaxes. A obra de Barker recibiu diversos premios de
fotografía medioambiental e xa foi exposta en lugares como o Victoria&Albert
Museum de Londres, a sede de Nacións Unidas en Nova Iorque e o Parque
Tecnolóxico e Científico de Hong-Kong.
No acto de presentación da exposición estiveron Federico
López Viñas, xerente, e José Garrote Martín, secretario, do GALP
Golfo Ártabro Sur, que impulsou o Festival Mar de Mares, evento dentro do que se
enmarca “Sopa de Plástico”. Garrote amosou o compromiso deste GALP co Festival
Mar de Mares.
Comentarios
Publicar un comentario