Empanada, biscoito e outros produtos locais de calidade elaborados grazas a dous proxectos do Golfo Ártabro Sur



A xornada “Por un mar de vida e oportunidades” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur contou, ademais de cos relatorios sobre o plástico mariño, cunha degustación e comida con produtos enmarcados dentro de dous proxectos deste GALP.
Na degustación as persoas asistentes puideron probar as empanadas e as sobremesas elaborados dentro do “Proxecto para a fabricación e comercialización de Empanadas do Mar con produtos do Golfo Ártabro”. Unha iniciativa que conseguiu rehabilitar un local comercial para empregalo como obradoiro de empanadas. A través da colaboración dos pescadores locais e os produtores agrícolas da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, apórtanse os materiais de calidade que permiten facer estas delicias.
Por outra banda, ao rematar a xornada realizouse unha comida con produtos do proxecto “Optimización de procesos e mellora na comercialización”. O obxectivo desta iniciativa é perfeccionar o proceso de manipulación do peixe para mellorar a súa presencia no mercado e abrirse a novos clientes. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024