Traiñeiras e campamentos mariñeiros para impulsar o remo tradicional e os valores ambientais en Oleiros
O GALP Golfo Ártabro Sur amosou o seu compromiso co remo
tradicional a través de proxectos como o de “Posta en valor do remo
tradicional e dos valores naturais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur”.
Esta iniciativa levouse a cabo no 2018 no concello de Oleiros, concretamente
nos clubs de remo Club Regatas Salgado-Perillo e Centro Deportivo Mariñeiro de
Mera.
O plan tiña como obxectivos poñer en valor o remo tradicional,
así como os valores ambientais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur, incrementar
e dinamizar o turismo na zona e, ademais, implementar boas
prácticas medio ambientais nos diferentes eventos deportivos deste ámbito.
Para conseguir estas metas
organizáronse regatas de traiñeiras feminina e masculina, actividades de concienciación
ambiental vencelladas ás regatas -incidindo no persoal dos clubs, socios e
monitores de actividades marítimas- e aos centros educativos do territorio do
Golfo Ártabro Sur, así como campamentos mariñeiros en época estival. Deste
xeito búscanse impulsar os comportamentos ecolóxicos responsables e modelos de
conducta sustentables.
Coñecede o proxecto en detalle na súa páxina web https://tradicionartabra.es/, onde tamén poderedes atopar pequenas accións que axudan a protexer o
mar.
Comentarios
Publicar un comentario