O GALP Golfo Ártabro Sur avanza nunha alianza con ABANCA para o financiamento a medida dos proxectos produtivos
Imaxe do encontro telemático |
Todos os grupos de acción local pesqueira de Galicia reuníronse de forma telemática co director de ABANCA MAR, Javier Fraga, e o coordinador de ABANCA MAR en Galicia, Miguel Ríos, para desenvolver este convenio de apoio ás zonas costeiras.
A cita serviu para que os GALP expuxesen o punto no que se atopan os programas de axudas que xestionan e que promoven o investimento en zonas costeiras no ámbito da creación de emprego, igualdade, diversificación e cultura vinculada ao mar, co obxecto de xerar actividade
en zonas costeiras.
O encontro de traballo serviu tamén para rubricar e dar continuidade ao marco de colaboración financeira que mantén ABANCA cos GALP galegos. Estes protocolos están adaptados ás necesidades dos grupos, con distintas alternativas de financiamento para apoiar os proxectos con axudas europeas que xestionan.
O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, agradeceu “a boa vontade de ABANCA” e expresou que “esta nova alianza permitirá dar a seguridade financeira necesaria para desenvolver os proxectos do sector”.
Comentarios
Publicar un comentario