O Open Science, proxecto ao abeiro do GALP, recibe o recoñecemento de "boas prácticas” da REGP


O Open Science Cambre, iniciativa ao abeiro do financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, acaba de recibir o recoñecemento de “boas prácticas” outorgado pola Rede Española de Grupos de Pesca (REGP).
O club de ciencia do instituto local IES David Buján e o Concello de Cambre, co apoio do GALP, foron os organizadores desta feira científica celebrada no mes de setembro do ano pasado. Un evento no que alumnado de diferentes centros e clubs de ciencia puideron amosar os seus proxectos en stands, así como desfrutar das diversas actividades que tiveron lugar ao longo no encontro científico.  
Unir innovación con tradición, promocionar a ciencia entre a cidadanía e achegala á mocidade dunha forma atractiva son algúns dos obxectivos que se acadaron coa realización deste proxecto. O Open Science contribuíu a investigación nun dos principais motores da economía de Galicia: o marítimo. O evento contou cun apartado dirixido a este ámbito con actividades, talleres, espectáculos e proxectos de investigación.
A contorna onde foi celebrada a feira conta cunha elevada implicación co sector pesqueiro. Tanto é así, que un dos premios se orientou ao mar. Tamén se animou aos participantes a enfocar os seus experimentos cara a pesca e outras actividades.


O futuro dun territorio próspero depende en grande medida de impulsar accións de difusión científica entre a rapazada. A implicación da sociedade neste evento foi total, posto que foron as propias familias do concello as que acolleron aos mozos científicos que viñan doutros lugares de España. A pluralidade e diversidade foron un valor engadido ao evento, chegando a participar nesta ocasión máis de 300 poñentes de 5 países diferentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024